Concellos, Deputación e Fecimo promoven o galego en actividades conxuntas de Nadal

Froito desa colaboración, a figura do "Apalpador" visitará Bueu, Moaña e Cangas, donde se representarán "Os Bolechas" -Rexedores e edís destacan a "defensa da identidade"

19.12.2015 | 02:42
Os representantes municipais e da Deputación, no acto celebrado onte en Bueu. // Santos Álvarez

A promoción do idioma galego, da cultura e a gastronomía propias a través de actividades conxuntas de ámbito comarcal son obxectivos que perseguen a Deputación e os concellos do Morrazo traballando unidos no programa "Nadal en galego", que busca "complementar, non suplementar" o labor que desenvolven neste eido. A maiores, a federación de comerciantes e industriais (Fecimo) incide na defensa, promoción e normalización do galego con actividades como a "gymkana infantil" na que participan nestas datas 37 comercios de Cangas, 36 de Moaña e 25 de Bueu.

O "Nadal en galego" presentouse onte en Bueu coa presenza do deputado provincial de Cultura e concelleiro no municipio, Xosé Leal, os rexedores de Bueu e Moaña, Félix Juncal e Leticia Santos, e os concelleiro de Ensino de Cangas, Xoán Chillón e de Normalización Linguística de Bueu, Silvia Carballo, mentres que Marín estaba tamén convidado pero disculpou a súa ausencia. A actividade común é a visita do "Apalpador", un personaxe tradicional galego (particularmente das provincias de Ourense e Lugo) que estará o xoves 24 ao mediodía en Bueu a desde as cinco da tarde en Moaña, antes de continuar cara Marín. Caracterizado polo actor Anxo Moure, virá acompañado dun músico e un burro para revivir costumes ancestrais e, ao mesmo tempo, concienciar sobre valores ambientais, hábitos saudables e dinamizar o comercio.

Na mesma liña de colaboración da Deputación enmárcase o espectáculo "Os Bolechas e a máquina do tempo", un espectáculo con entrada de balde do que destacan o seu valor lingüístico e o percorrido pola historia de Galicia. Poderá disfrutarse no Auditorio o luns, día 21, ás seis da tarde, segundo destacou Xosé Leal na presentación. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, agradeceulle ao deputado provincial e á Deputación "o compromiso con Galiza e a súa cultura", que se manifesta tamén nas terras morracenses, e o concelleiro Xoán Chillón incidiu neses argumentos e engadiu que o "Apalpador" tamén estará en Cangas mércores 23, entre as catro e media e as oito da tarde, e tamén se poderá disfrutar da actividades "CANtiGAS no Nadal".

Acenos de identidade

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, destacou que a través da Deputación xúntanse os concellos da comarca para ofreceren propostas conxuntas de ocio para o Nadal "baseadas na defensa do propio, o idioma, a cultura e as tradicións", que se serven "en rede". Recalcou que vivimos nun territorio "rico en tradicións e cultura" e animou a disfrutalas e a sentilas como propias: "Sintamos como galegos", reclamou, en alusión ao coñecido anuncio publicitario. Tamén destacou o inicio dunha nova etapa de colaboración coa Deputación, cun salto "cualitativo" e confía en avanzar por esta senda de defensa da indetidade ao longo de 2016.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine