"Cos meus mellores desexos" é o lema da campaña coa que a Concellería de Normalización Lingüística de Moaña busca promover o uso do galego no comercio local. Esta tarde distribuiranse entre os comerciantes da vila unha serie de etiquetas adhesivas con distintas frases e carteis para anunciar o periodo de promocións.

"Parabéns", "De alguen que te quere" ou "Un bico moi forte" son varias das expresións de agarimo que lucen as etiquetas. Esta campaña é promovida dende o área que coordina Aldán Santamarina (BNG) ao considerar que "o sector do comercio, ao chegar á maior parte da poboación, é estratéxico para potenciar o uso do galego en toda a sociedade". A iniciativa conta coa colaboración da Mesa pola Normalización.