Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Chapela presenta o poemario "Sendeiros" o sábado ás sete da tarde no salón de plenos de Moaña

Estará acompañado polo poeta Daniel Costas

"Parece ser que, cando xa ninguén contaba comigo, asomei a cabeza ao mundo na república da Peroxa (Berducedo) no inverno de 1959. E foi entón cando comecei a viaxe por un sendeiro que hoxe cumpre unha etapa, pero queda moito por camiñar con novas etapas por descubrir". Así se presenta Luis Chapela Bermúdez na contraportada no seu último poemario, Sendeiros, que se mostra por primeira vez aos lectores este sábado ás sete da tarde no salón de plenos de Moaña, nun acto no que o autor estará acompañado polo poeta Xosé Daniel Costas.

"É un tipo a ler este Luis da Roxa, poeta de andar polos quinteiros que adoita botar a hora co neno que nunca deixou de ser", escribe o xornalista e redactor de FARO Gonzalo Martínez no prólogo do libro, que cualifica de "caderno de bitácora dun mariñeiro en terra" e cuxa portada está ilustrada polo artista Camilo Camaño.

O autor e o seu acompañante manterán un diálogo cos asistentes en Moaña, primeiro porto dunha singradura que prevé continuar polas demais terras do Morrazo.

Compartir el artículo

stats