Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Dalle avante" os 366 días de 2016

O colectivo Abrenoite adica a súa axenda para o próximo ano aos homes do mar e prepara unha exposición pola comarca

"Dalle avante" os 366 días de 2016

No ano 2015 o Colectivo Abrenoite, despois de varios anos sobre as paisaxes e xentes de Cangas, comenza o seu traballo "Mariñeiros", un documento visual onde rende tributo aos homes que botaron toda a súa vida percorrendo os mares do mundo de Groenlandia, Antártida, Grand Sole, Terra Nova, Malvinas, Madagascar, Arxentina, Sudáfrica... Nas súas mans está toda unha vida chea de mar.

A fotografía ten a maxia de rescatar o pasado e recrear o presente. Estes retratos son fotografías onde os protagonistas levan nos seus rostros as mareas dunha aventura épica, a maioría nunhas condicións moi duras, testemuñas e protagonistas de naufraxios, dunha experiencia asolagada de salitre. Hoxe as súas vidas están cheas de recordos, de horas a bordo, as súas miradas son o arrecendo do paso do tempo, e estas imaxes atesouran esas vidas.

O traballo fotográfico do Colectivo Abrenoite arranca cunha axenda do 2016, para logo no verán converterse nunha grande exposición que se espallará polas rúas das vilas de Cangas, Moaña e Bueu. Unha grande homenaxe aos homes do mar da bisbarra, que son os protagonistas e que grazas á súa xenerosidade este acontecemento fotográfico marcará un feito importante na historia da vida mariñeira e cultural canguesa e do Morrazo. Principia a singradura...

Compartir el artículo

stats