Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pepa Barreiro: "Como é posible que cada tres días saia á luz un novo caso de violencia machista?"

A obra "Unhas poucas picadelas", sobre a violencia machista, chega hoxe a Cangas

Pepa Barreiro señala el cartel de la obra, ayer en el Auditorio. // S.Á.

Teatro de Ningures quere facernos reflexionar. En "Unhas poucas picadelas", a súa última proposta teatral, os actores da compañía súbense ao escenario para abordar a violencia de xénero, neste caso concreto, a que os homes exercen sobre as mulleres. A obra, escrita orixinalmente por Laila Ripoll, chega esta fin de semana o Auditorio Municipal de Cangas con tres funcións. Hoxe, venres, e mañá, sábado, a obra dará comezo ás 21.00 horas; mentras que o domingo adiantarase ás 20.00 horas (as entradas, que se poderán adquirir nas taquillas do Auditorio dende dúas horas antes do comezo da función, terán un custe de 8 euros). Baixo a dirección de Etelvino Vázquez, Casilda Alfaro, Machi Salgado e Pepa Barreiro presentarán unha obra que xira ao redor dun asasinato, que invita "á reflexión directa e intelixente". Pepa Barreiro, que nesta peza evoca a través da súa voz o consultorio de Elena Francis, achega a FARO a última proposta da compañía Teatro de Ningures.

-"Unhas poucas picadelas" foi estreada o pasado 4 de novembro no Teatro de Santiago de Compostela. Que críticas e comentarios obtiveron do público ata agora?

-Polo momento só tivemos esa función. Á xente gustóulle moito o espectáculo, é unha obra necesaria. Hai moitos momentos de relax, que poden incluso arrincar algún sorriso, pero tamén se ve a cara máis dura dunha realidade que é a violencia machista.

-A obra denuncia de xeito claro a violencia de xénero. Que efecto buscan no espectador?

-Que non se esqueza desta realidade. Cada dous ou tres días sae á luz un novo caso de asasinato. Como pode ser isto posible? Noutros ámbitos da sociedade tamén hai outras formas de violencia, económica por exemplo. É habitual que as mulleres cobren menos que os homes. Aínda queda moito por facer... E xa non imos falar dos países nos que hai lapidacións.

-En que momento decidiron tratar a violencia machista enriba do escenario?

-Casilda Alfaro fixo a proposta da montaxe. Despois de estudar a viabilidade da obra, creada por Laila Ripoll, apostamos por ela.

-Na obra hai dous protagonistas: un home e unha muller, ademais dunha voz. Como foi a elección do elenco?

-Teatro de Ningures é unha compañía que está integrada por catro actores. Por motivos de traballo o actor elixido para facer o papel masculino tivo que ser sustituido por Machi Salgado. Casilda Alfaro interpreta á súa parella. E eu, ademais de estar no equipo de dirección acompañando a Etelvino Vázquez poño voz á obra.

-Cal é a función desta voz en directo? É a conciencia dalgún dos protagonistas?

-A voz pretende evocar ao consultorio para mulleres que durante varias décadas emitiuse na radio en España. Quere recordar a Elena Francis. Neste consultorio as mulleres podían falar sobre as súas dúbidas, problemas e confidencias. Deste xeito pónse enriba do escenario a educación católico-franquista daquela época, na que a muller estaba case subordinada ao seu marido.

-"Unhas poucas picadelas" é un título con certo ton irónico.

-Frida Kahlo pintou o cadro homónimo, de aí ven o título da peza teatral. "So foi unha labazada, de que te queixas? é a idea que se desprende do título da obra. Ademais se pretende facer reflexionar sobre a "violencia" encuberta: mesmo na distribución das tarefas do fogar, na crianza dos fillos...

-Con respecto ás características técnicas da peza, que salientaría?

-A obra preséntase polo final e despois van presentándose os diferentes momentos da vida cotiá da parella. Ao final o espectador ve a historia tal e como se desenvolveu. Despois hai moito monólogo, para recoller por exemplo os pensamentos da muller. Aínda así, o ritmo da obra non é lento.

-Como é para vostedes, os actores, tratar un tema tan duro enriba do escenario?

-Cando interpretas un personaxe feminino hai aspectos e comportamentos que están subxacentes.Por exemplo, na obra Troyanas, as mulleres dos vencidos son como "trofeos de guerra". A violencia de xénero é unha realidad, só que non sempre se aborda dun xeito tan claro.

Compartir el artículo

stats