Dous científicos do CSIC falan hoxe en Cangas da "compostaxe para reciclar"

Pola mañá dirixiranse a 150 alumnos, e pola tarde repetirán con entrada libre

20.11.2015 | 02:47

O programa Ciudad Ciencia regresa hoxe a Cangas cunha conferencia sobre "a compostaxe para reciclar e transformar o lixo en abono orgánico" impartida polos científicos do Instituto de Ciencias Agrarias do CSIC Juan Carlos García Gil e Alfredo Polo. Ás dez da mañá a actividade estará dirixida a uns 150 alumnos e persoal docente dos colexios Nazaret, Eduardo Pondal, Casa da Virxe e Espiñeira que participan nun obradoiro de agricultura sostible, e que ás oito da tarde repetirase a conferencia, esta vez aberta e con entrada libre para todas as persoas interesadas. Ciudad Ciencia é un proxecto de divulgación promovido pola Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación La Caixa que pretende achegar os avances científicos e tecnolóxicos á cidadanía e no que o Concello de Cangas colabora desde hai tres anos, sendo o único de Galicia seleccionado para esta iniciativa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine