"Horrorizados hoxe polos terribles atentados de París, que condenamos con absoluta rotundidade (o mesmo que as mortes cotiás en Siria, Irak, Palestina, Afganistán e calquera outro lugar asolado pola violencia) e abrazados estreitamente ás familias dos feridos e falecidos nestes momentos tan duros, queremos manifestar, como representantes da cidadanía, que quen despreza a liberdade, a convivencia e a vida, nunca xamais nos han poder dobrar.

Non han poder coa liberdade, coa democracia, non poderán coa convivencia. Son os nosos principios, as nosas regras de xogo, a nosa maneira de entender a vida. E a quen a ataca, e polo tanto atácanos a nós, dicímoslles firmes e unidos, que a base da liberdade e xustiza social, farémoslle fronte e gañaremos.

Hoxe, todas as persoas de ben xuntas dicimos ben alto.

As guerras e o odio serán voso, pero os mortos son de todos nós e así os sentimos. Hoxe con París e sempre con calquera lugar onde campen a violencia e a morte."