Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"É un premio ao traballo, adicado sempre á vila, que vén de lonxe"

O arquitecto dirixiu a recuperación da Capela do Hospital

"É un premio ao traballo, adicado sempre á vila, que vén de lonxe"

Ao lado da Capela do Hospital, un dous proxectos de recuperación máis importantes que realizou Francisco Mallo na vila, o aparellador atende a FARO horas antes de que a Concellería de Cultura lle outorgue o galardón como gañador do Premio Cerviño á Recuperación e Promoción do Patrimonio 2015. O arquitecto técnico, nado en Cangas en 1955, foi membro fundador da Xunta Xeral do Padroado de Patrimonio Histórico-Artístico e Documental de Cangas en 1990. A Capela de San Roque e o entorno do Cruceiro do Lameiro son dous traballos que tamén levan o selo de Mallo.

-O seu proxecto fin de carreira, que tiña a Casa Mariñeira de Cangas como obxecto de estudo, recibiu un sobresaínte cum laude

-Nunca se fixera nada nese eido, ninguén estudara a arquitectura mariñeira de Cangas. Agora este premio recoñece un traballo de moito tempo, un traballo de conservación e investigación, coa vila como protagonista.

-De mozo, xa comezou a crear o seu propio arquivo con fotografías de Cangas, artigos de prensa...

-Sempre me gustou gardar ese tipo de documentación. Agora recibo consultas e peticións de moitas asociacións, como A Cepa ou de estudantes de arquitectura. É bo poder compartir agora todas esas cousas que teño gardadas.

-Diante de nós temos un dos seus principais proxectos, a Capela do Hospital.

-Froito do Padroado de Patrimonio Histórico-Artístico e Documental de Cangas xurdiu un grupo de traballo no que tamén se atopaba Eugenio Eiroa, Henrique Harguindey o Antonio Graña, entre outros. Foi un traballo importante, pero nótase nas súas pedras o abandono dos que deberían tela coidado no seu traslado. Agora o tellado tamén podería estar mellor atendido.

-Gústalle a Cangas actual?

- A vila está ben. O Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Cangas (PEPRI) deulle un impulso á recuperación e mellora do casco vello. Ademais, todas as actuacións están reguladas e os tipos de casas salvagardadas. Unha pena que se destruísen empedrados anos atrás porque iso tamén é patrimonio.

Compartir el artículo

stats