Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cangas rinde homenaxe a quen dá lustre á súa cultura

Pilar Piñeiro, Paco Mallo e a Asociación Lembranzas da Ría son os gañadores dos Premios Xohán de Cangas e Ignacio Cerviño 2015

O Auditorio Municipal de Cangas acolle esta noite, a partir das 20.00 horas, o acto de entrega dos Premios Xohán de Cangas e Ignacio Cerviño 2015. Nunha nova edición dos galardóns que cada ano concede a Concellería de Cultura da vila, ao frente da cal se atopa Héitor Mera, verán recoñecido a súa labor a prol da cultura canguesa a ceramista Pilar Lemos, o aparellador Paco Mallo e a Asociación Cultural Lembranzas da Ría. A súa elección para este recoñecemento foi unha decisión unánime do xurado.

A ceramista Pilar Piñeiro Lemos leva máis de 25 anos ligada a esta disciplina artística e hoxe a súa sobriña Iria Piñeiro será a encargada de subirse ao escenario para recoller o galardón que acredita á súa tía como Premio Xohán de Cangas á Creación Artística. O traballo do aparellador cangués Francisco Mallo Lagoa tamén recibirá hoxe unha merecida homenaxe co Premio Ignacio Cerviño á Recuperación e Promoción do Patrimonio. Por último, o Premio Xohán de Cangas á Labor Cultural será recollido polo director da Asociación Cultural Lembranzas da Ría, Manuel Cobas.

O edil Héitor Mera, María Jesús Torres, Fernando Cuñarro, María del Mar Núñez, Moisés Barcia, Estanislao Graña e Juan José Pérez foron os integrantes do xurado encargado de analizar as candidaturas presentadas e proclamar os gañadores da Festa da Cultura 2015.

Compartir el artículo

stats