O Ateneo Santa Cecilia inaugura unha mostra de fotografía de Fonsi Díaz

04.11.2015 | 02:18

As paisaxes, a cultura e a realidade social dos países africanos protagonizan a exposición de fotografía do profesor Alfonso 'Foni' Díaz, que se inaugurou onte no Ateneo Santa Cecilia de Marín, cunha charla do autor. A mostra permanecerá aberta ao público de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 11:00 a 14:00 horas. Foni Díaz é licenciado en Xeografía e Historia e imparte clases no IES de Ponte Caldelas. As fotografías expostas no Ateneo Santa Cecilia céntranse exclusivamente no continente africano: Etiopía, Zambia, Mali, Kenya, Tanzania, Burkina Faso ou Senegal, entre outros territorios. Como curiosidade, a mostra inclúe unha pequena selección de instantáneas realizadas pola filla de Foni Díaz, Xiana Díaz, que con só 8 anos xa acompañaba o seu pai nas súas andanzas polo mundo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine