O espazo LoboCoxo celebra hoxe o seu primeiro aniversario cunha sesión de contacontos adicada ao Samaín e as historias de medo. Esta actividade está enfocada ao público infantil e familiar e será ás 20.00 horas. Os nenos poden acudir disfrazados e ao final haberá un sorteo de agasallos.

Ao longo deste mes de novembro vai haber actividades de balde todos os sábados a partir das 12.00 horas. O vindeiro día 7 haberá unha sesión para "Contos noutras linguas" e presentar "Cecino", a tradución ao italiano de Garavanciño. O día 14 vaise homenaxear o legado de Manuel de Falla cunha sesión de contos e música, coa actuación de Mireya, unha intérprete de frauta traveseira residente en Bueu. Ao longo deste mes LoboCoxo tamén vai render homenaxe ao pintor surrealista René Magritté e ao ilustrado Tomi Ungerer. Ademais todos os domingos ás 12.00 haberá contos para bebés, mentras que os mércores e xoves obradoiros de plástica e ilustración para nenos de 4 a 10 anos.