O Auditorio de Cangas acolle hoxe o evento "Mil festa máis para o galego", unha festa organizada pola Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Cangas a partir das 20.30 horas. O programa inclúe a intervención dos tres alcaldes da comarca do Morrazo e de músicos como Gustavo Guntín (Treixadura), Nando Casal (Milladoiro), Roi Casal, Xosé L.Represas ou Antón Fernández. Nesta festa estará tamén a orquestra folc Son de Seu, sobre a que se proxectará un microdocumental e que ofrecerá un concerto.

Esta festa servirá tamén para dar lectura a unha declaración para que tanto as comisións de festas como os concellos incorporen aos seus programas elementos identitarios da cultural local para a súa posta en valor.