De marcha contra o cancro de mama

Adicam agarda xuntar un milleiro de persoas o domingo entre Cangas, Moaña e Bueu

14.10.2015 | 04:55
Xoán Chillón, Olga Sotelo, Duli Lagoa e Marcos Torres, onte na presentación. // Gonzalo Núñez

Ás dez menos cuarto da mañá sairán desde os consistorios de Moaña e Bueu os participantes na "VII Marcha Solidaria Camiña con Adicam", para chegar á Casa da Bola de Cangas dúas horas despois. Ao mediodía lerase un manifesto e formarase un lazo humano para chamar a atención sobre a doenza.

Ainda que as previsións meteorolóxicas apuntan baixas presións sobre O Morrazo, o tempo non será excusa para botarse ás rúas por unha causa solidaria como é a loita contra o cancro de mama e facela máis visible a través da sétima marcha "Camiña con Adicam". Os participantes, dos que se agarda que superen o millar, formarán dous frentes a primeira hora da mañá en Bueu e Moaña, desde donde sairán ás 9.45 horas para percorrer por estrada os respectivos tramos ata Cangas. Alí, fronte á Casa da Bola, celebrarán conxuntamente os actos organizados pola Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama.

É a sétima edición dun encontro que medra en participación cada ano e que non sería posible sen o apoio de moitos cidadáns anónimos e a colaboración dos tres concellos da comarca e da Subdelegación do Goberno, ademais de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, segundo destacaron a vicepresidenta e a tesoureira de Adicam, Duli Lagoa e Olga Sotelo, na presentación que realizaron onte en compañía do concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Cangas Deporte, Xoán Chillón.

"O máis importante é o apoio que nos brindan, ano tras ano, centenares de persoas que se suman a esta marea rosa", explicaron onte as promotoras do evento, que fixeron fincapé en que o obxectivo esencial "e visibilizar o cancro de mama e lembrar a importancia da detección precoz" como método más afectivo para impedir que esta doenza avance.

Por parte da Fundación Deportiva Municipal, Xoán Chillón expresou a "dobre satisfación" de colaborar nesta iniciativa sociosanitariodeportiva" de dimensión comarcal. felicitou a Adicam polo esforzo no traballo que desenvolve ao longo do ano, do que os cidadáns se sinten "orgullosos" e animou aos morracenses a sumarse a esta marcha solidaria á marxe dos partes meteorolóxicos, co obxectivo de superar o milleiro de camiñantes e facer máis visible esta enfermidade sen renunciar a pasalo ben nunha xornada de ocio e confraternidade.

Nas vésperas da marcha, e no marco do Día Internacional contra o Cancro de Mama, haberá mesas informativas nos municipios e as xornadas divulgativas que xa son unha cita anual obrigada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine