Na actualidade, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ven de plantexar que os montes do Hio sexan declarados Espazo Natural de Interese Local (ENIL) en base ao decreto 124 de 6 de maio de 2005 da Consellería de Medioambiente que regulamenta leis anteriores ditadas desde 1983. Aparte da memoria, esíxese a aprobación previa do Concello e a inclusión da área no PXOM coas correspondentes moificacións que lle afecten ao mesmo. Contodo, quedaría por elucidar se o mantemento lle correspondería ao Concello ou ben a un ente particular como a Xunta de Montes, pois unha parte xa está baixo a protección da figura de Lugar de Interese Comunitario.