Doce meses para celebrar a vida

As socias de Adicam protagonizan o calendario 2016 con mensaxes de esperanza

10.10.2015 | 12:44
A presentación dos calendarios, que se venden a 3 e 5 euros, tivo lugar onte na Casa da Bola coa presenza dos protagonistas de todo o proceso creativo. // G.Núñez

"Mulleres fortes e loitadoras que non queren gañarse a vida, queren vivir para seguir adiante. Pensan que aínda é cedo para renderse. Fermosos rostros de muller acompañados de frases que non son só palabras encadeadas: Son historias de vida e alentos que demostran que se pode".

"Cae sete veces e levántate oito", reza o cartel do mes de xaneiro que repousa sobre o peito dunha das 12 modelos que protagonizan a campaña e que foron retratadas, practicamente espidas, polos fotógrafos do colectivo Abrenoite, despois dunha sesión de maquillaxe e perruquería de Neli Paredes e Chik. Onte estiveron na presentación do calendario de Adicam, un clásico xa cando se achegan as datas do Nadal e hai moito que celebrar e moito por reflexionar, como a necesidade de loitar polas cousas que se queren.

Ainda que realizadas en branco e negro, por aquelo de que non pasa de moda e por contraste co colorido do calendario do ano pasado, a alegría de vivir florece en cada unha das fotografías. "Non quero gañarme a vida, quero vivir!!!", invoca a modelo do mes de febreiro, mentres na páxina seguinte outra compañeira sostén que "a vida non é para compadecela, é para vivila". E para animar a elo, no mes de marzo chaman a non perder o animo e os folgos: "Levántate, suspira, sorrí e segue adiante".

Todas elas foron modelos por un día, unha tarefa que desenvolveron con ilusión e humor, como sinalaban onte mentres repasaban o vídeo daquelas sesións e a experiencia positiva que supuxo. Porque "a vida é aquilo que che vai sucedendo", como lembra a protagonista do mes de maio, e porque con esforzo e vontade todo é posible: "Nunca digas non podo", "sempre é cedo para renderse", avogan os rostros sorrintes de xuño e xullo.

As caras do cancro de mama son cada vez máis mozas, pero tamén o ímpetu e as gañas de facerlle frente. Agosto lémbrannos que sempre hai algo que celebrar e para erguerse con ilusión: "Hoxe a vida regálache un día máis; éncheo de sorrisos". Botarlle un poco de salsa para facer especial cada intre, como nos instan desde setembro: "O poder da imaxinación fainos infinitos". Ou recibir outubro con cara de primavera: "Para días nubrados, paraugas de cores".

Mudar por fora e tamén por dentro, porque "cambias a túa vida ó cambiar o teu corazón", proclaman no mes de novembro, mentres en decembro animan a disfrutar cada paso, porque "como vives o teu día é como vives a túa vida". Con ilusión, como no calendario Adicam.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine