Como non podía ser doutra maneira, porque este sol acompañoute en Cádiz, en Canarias en Málaga, porque o sol, mesmamente como a túa persoa contén esa áurea brilante e clara.

E foi na tua terra, donde a fama lévana a chuvia, que o sol non quiso faltar na tua despedida.

Penso que cada persoa somos un cúmulo de influencias, principalmente das persoas que pasan polas nosas vidas, ademais da nosa própia personalidade. É por eso que dentro de min acompañarame sempre, parte de ti.

Mesmamente, como dixo un amigo común estes últimos días, nas redes sociais, Júlio non viviu a vida, Júlio devorou a vida.

E por último decir que nunha película que vin últimamente, quedeime cunha frase desas que as veces valen máis que a propia película. Un dos actores, enfermo grave, di: "No tengo miedo a la muerte, a lo que le tengo miedo es al olvido".Pois no teu caso podes quedar tranquilo, a túa vida foi plena, ningún dos amigos que te coñecemos ben, te vamos esquecer.

*Veciño de Moaña