Un outono á calor da cultura

Moncho Borrajo bota man do Quixote para estrear mañá a nova tempada do Auditorio

02.10.2015 | 12:31
Un momento da presentación do cartel do Auditorio, onte. // G.Núñez

O Auditorio de Cangas ten preparados 33 espectáculos durante as próximas 11 semanas de tempada otoñal. "Unha programación musical, teatral e de cine moi potente" en cantidade e calidade, en palabras do edil Héitor Mera, e que mantén a filosofía de primar a participación de artistas galegos.

Entre a programación desde outubro a decembro, o concelleiro de Cultura e Normalización Linguística, Héitor Mera, e o director do Auditorio, Juanjo Pérez, destacaron a proxección de 14 películas, obras de teatro coma "Unhas cantas picadelas" -un espectáculo "moi duro e interesante" que Ningures estreará en Cangas tres días antes do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que está traducida polo actual alcalde, Xosé Manuel Pazos-ou actuacións musicais como a de Sondeseu, un dos grupos folk máis destacados do panorama galego e que "virán facer un espectáculo que reivindica a galeguización das nosas verbenas", anunciou Mera, que tamén destaca o concerto dos alumnos do Conservatorio, "buque insisgnia da vila", e mesmo unha programación "específica e variada para os nenos" e tamén bebés, como é o caso dun "Encontro cos axóuxeres".

Entre os "pratos fortes", os representantes municipais fixeron fincapé na presenza de Moncho Borrajo, un artista recoñecido a nivel estatal que onte acudiu ao salón de plenos para promocionar a súa obra "Moncho Panza", que mañá porá en escena no Auditorio. "Non é casualidade que esta presentación comece cun prato forte coma Moncho", sinalou o técnico de Cultura, que alabou tanto "a súa obra creativa, de literatura como de actor e pintor" e tamén "coma ser humano que colaborou con Cangas e co Morrazo", engadiu Pérez.

Da súa obra, o concelleiro de Cultura apuntou que hai que "recuncar nos clásicos, e por iso nós celebramos, traemos e pretendemos divulgar a súa obra", xa que Moncho Panza retoma a historia de Quixote para explicar cousas de agora, "coma se Cervantes escribise agora a terceira parte", explicou o propio artista.

Da súa obra, Moncho Borrajo destacou que ten momento de risa e de tenrura. "A min a palabra que máis me gusta é cómico, porque fai unha amalgama de todo; podes facer a Shakespeare e despois facer rir". Unha forma de describir a súa obra que se diferencia das anteriores actuacións ás que nos ten acostumados o cómico, destacaron os representantes municipais durante a presentación dun cartel que preludia un outono á calor da cultura.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine