Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Leticia Santos Paz: "Son moi esixente e non me conformo con que as cousas vaian ben, teñen que facerse moi ben"

Recoñece que cunha boa xestión do gasto no Concello evitarán subir os impostos no municipio

Leticia Santos, onte no salón de plenos do Concello. // Santos Álvarez

Encarnou ó relevo xeneracional do BNG de Moaña e con só trinta anos viucumprido su sono de ser alcaldesa no seu municipio natal e ,ademais, a primeira muller da historia local en ocupar o cargo. Non dubidou en cambiar o retrato do Rey emérito no seu despacho polo de Castelao e iso a catapultó. Máis sosegada, quizáis, daquela primeira semana, toca falar de política ó pasar dese marxe de confianza dos cen días. Dí que o pacto de goberno co PSOE funciona e non son seis máis tres, senon un equipo de nove personas traballando por un concello cunha política na que a obra máis emblemática que queren deixar é a de mellorar a calidade de vida dos veciños.

-Tivo algunha desilusión nestes tres meses?

-Desilusión? Ningunha. Era conscente en todo momento da situación na que estaba o Concello. Sí é certo que a nivel financeiro a débeda foi maior do que esperábamos, pero eramos conscientes de que iso podía ser. Temos un equipo que veu preparado e concienciado para revertir esa situación.

-Que balance fai destes cen días de gobierno?

-Son cen días de traballo, de ilusión, dun equipo que se esforza día a día polo benestar dos seus veciños e que traballa para cambiar a situación na que atopamos o Concello.

-Realmente son 24 horas ó día, 365 días ó ano de dedicación como dixo no último pleno?

-Sí. Teño que ter disponibilidade absoluta, en caso de que pase calquera situación de urxencia, a Policía Local tenme que localizar para estar ó tanto ou por se me teño que persoar. O posto de alcaldesa, salvo que me colla algún día libre que delegue na tenente de alcalde, son 24 horas de dedicación, polo menos estar localizable e disposta a resolver situacións de emerxencia.

-É un posto máis complicado do que se imaxinaba?

-Nin máis nin menos do que me esperaba. En todas as miñas facetas da vida, antes cos traballos que desempeñei e cando tamén era deportista, sempre me comprometín. Teño un nivel de dedicación e son bastante esixente conmigo mesma, non me conformo con que as cousas vaian ben, teñen que facerse moi ben. Teño un nivel de esixencia alto e, polo tanto, o compromiso é moi elevado. Pero non é diferente ó que me esperaba, eu sempre son así en todos os aspectos da miña vida.

-Ha encaixado perfectamente o bipartito BNG-PSOE?

-No Concello de Moaña non hai 6 e 3 edís, hai un equipo que traballa unido, coas áreas coordinadas e onde todos compartimos o que facemos desde cada área e nos axudamos. Estamos traballando cada peza en clave para consequir os nosos obxetivos que é acadar o programa que pactamos o seu día cando chegamos a un acordo para gobernar. O que hai en Moaña e un equipo de nove personas adicadas ó Concello para que os seus veciños e veciñas vexan mellorada a súa calidade de vida.

-Chegado o momento da campaña eleitoral, cada partido fará a súa campaña.

-Aínda non chegamos a esa situación, pero faremos a campaña fora da institución. Dentro somos o mesmo equipo de goberno.

-Que valoración fai da tenente de alcalde socialista, Marta Freire? como foron os tres meses de traballo con ela?

-A Marta a coñezo dende a infancia porque íamos ó mesmo colexio, aínda que ela é un pouco maior que a min e non compartíamos curso. Opino que é unha persona capacitada, moi traballadora e que desenvolve as tarefas da súa área e coordinándose con todas as demáis áreas dun xeito moi bó.

-Non contaxiará o embarazo de Marta Freire?

-Non, eso non contaxia. Por agora o meu nivel de dedicación non me permite a maternidade.

-Tivo que dar marcha atrás a algún proxecto dende a alcaldía?

-Hai unha serie de circunstancias que obrigan a que os colectivos teñan que descartar algunhas das súas peticións e marcar prioridades porque os recursos son limitados. A maioría das veces eu non son a que ten que cortar ningunha intención de facer nada, senón que son os propios colectivos cando lles dis que ordenen por prioridades o que queren que acometas primeiro, eles te dan esos listados. Sen problema.

-Como valora ós grupos da oposición no Concello?

-Teñen que facer o seu traballo pero sí que nos gustaría que axudaran máis a sacar cousas adiante. Terían que facer unha oposición máis constructiva que me axude a mellorar. No último pleno o PP dixo que xa había tramitado coa Xunta a creación dun punto de encontro para familias, pero cando lle pido que me dera o expediente para eu arrancar dende ahí, pero me dín que non o teñen. O traballo que se fai aquí é público e debemos partir da base, esa é a miña opinión.

-Qué proposta teñen para os impostos: subir, conxelar, baixar?

-Vai pola política que decidimos facer cando chegamos. O primeiro que se trata de facer para evitar subir impostos e abordar a situación caótica do Concello, onde as facturas chegaban sen autorización de ninguén, sen reserva de crédito e se iban acumulando. Queremos ordenar os pagamentos e de feito pagamos facturas pendentes de 2011. Temos unha orden de pagamento que vamos cumprindo para ir reducindo o período medio de pago a proveedores . Estamos buscando redución do gasto, por exemplo, no caso dos alugueiros de locais ou nas licitacións de servizos; temos case a punto de sacar a licitación dos productos de limpeza. Levando unha boa xestión do gasto poderíamos evitar a subida de impostos.

-Teñen data para presentar os orzamentos?

-A nosa intención é comezar o ano 2016 cos orzamentos aprobados,.

-Que cambio urxente necesita Moaña?

-Cousas nas que xa estivemos traballando coma a reactivación da participación dos colectivos. O primeiro que fixemos ó chegar foi convocar o consello escolar que levaba máis de catro anos sen reunirse; mantivemos reunións con todas as asociacións de veciños, apostamos polo ensino público adaptando os centros coas reformas que facían falta para comenzar o curso; tamén apostamos pola conciliación fomentando os comedores escolares durante o verán como medida para conter tamén a emerxencia social de nenos de familias en resgo de exclusión social, e apostamos polo Plan Madruga. Tamén defendemos a sanidade pública acudindo coas plataformas á gran manifestación en Vigo e solicitando ante a Xunta acabar coas carencias de Moaña como ter un pediatra de tarde e outro fisioterapeuta; e pelexamos polo transporte público ó novo hospital. Facía falta reactivar a actividade cultural e turística do Concello. Foi un éxito os días do Mar que a concelleira Coral Ríos foi capaz de implantar, a renovación da imaxe do Concello foi clave no aumento de visitantes que tivemos este ano, cunha subida dun 50%. Defendemos un turismo sostible para garantir postos de traballo e apostamos polo comercio e os productores locais. Imos organizar a I Feira Ecolóxica ó 11 de outubro. Utilizamos a ferramenta da formación para loitar contra o desemprego, sobre todo de larga duración. Todo iso son cen días de traballo, de ilusión e de gañas de seguir

-Cal será a obra emblemática do bipartito de Moaña?

-A máis importante, dada a situación económica do municipio, e apostar por un servicio social e rescatar personas en vez de bancos. O noso paso polo concello ten que vir marcado por unha política centrada nas personas, no seu benestar.

-Hai algo que cambiar no BNG?

-Está en boa sintonía, ó lado da xente e contando coa pluralidade de as personas que se queren achegar e facer as cousas de verdade por cambiar o mundo no que vivimos.

-Lle houbera gustado que o BNG concurrira con Podemos, IU e as Mareas nas eleccións xerais?

-Non sei o que vai pasar. O que teño claro e que donde esté o BNG, Galiza vai estar defendida, como ven sendo a tónica habitual. Todo aquilo que poda chocar co este ideario de defender a Galicia, creo que non vai a concordar ben, pero si as forzas políticas das que fala estean dispostas a que o centro de decisións esté en Galicia e a priopridade sexa Gaolicia, non creo que haxa problema para chegar a entendementos.

-Non están os acordos xa pechados?

-A nivel nacional se falou dunha candidatura unitaria donde se aúne á xente que quera traballar por Galicia. Pechados non estamos, pero si outras formacións non se queren sumar a esto, temos que sair para adiante co noso.

Compartir el artículo

stats