O Concello de Cangas "leva tempo traballando" na organización dunha Festa da Cultura que se celebrará o 14 de novembro, manterá o formato orixinal e mudará a denominación de Gala "porque non se lle vai a pedir a ninguén que acuda con etiqueta", ironiza o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Héitor Mera, que responde así ás demandas do seu predecesor no cargo e actual portavoz de Cangas Decide, José Luis Gestido.

Mera aposta pola estrutura primixenia da convocatoria, reducindo o número de premios para non devalualo, como entende que estaba a suceder. Así, entregaranse os galardóns Xoán de Cangas nos ámbitos da creación artística e da traxectoria e labor cultural, así como o Ignacio Cerviño á recuperación do patrimonio. O tripartito cre que ese fórmula é axeitada para poñelos en valor.

Asimesmo, Héitor Mera lembra a Gestido que en ningún momento se suspendeu esta Festa da Cultura, e pídello que mire aos seus excompañeiros do PP por non organizala para o pasado mes de maio.