Cangas do Morrazo acollerá este sábado a celebración da "Asemblea Estatal de Coordinación das Marchas da Dignidade", en xornada de traballo de mañán en tarde. Dado o carácter restrinxido da mesma, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) organiza, na víspera, o venres 16 ás sete e media da tarde no salón de plenos de Cangas, un acto público aberto de apoio ás Marchas da Dignidade-22M. Neste acto participarán o escritor Pepe Cáccamo; o secretario xeral da IAC en Cataluña, Luis Blanco; o portavoz de Red Roja, Nimes Maestro; o secretario xeral da CGT, Muñoz Póliz; o representante de Fronte Cívica-Somos Maioría, Ginés Fernández; o secretario xeral do Sindicato Ferroviario-CI, Rafa González Escudero; o secretario de comunicación do SAT, Javier García; e o secretario xeral da CUT, Manolo Camaño. A presentadora do acto será a actriz Mónica Camaño.

Apuntan que na xuntanza do sábado "acordarán as pautas para levar a cabo o calendario de mobilizacións xa decidido para 2015 preparatorio da grande mobilización que suporá a convocatoria dunha folga xeral, obreira, social e de consumo", o 22 de Outubro".