| O CEIP Abelendo de Moaña deu comezo, este luns, ás actividades do Samaín. Están organizadas pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización Lingüística, pois teñen como obxectivo potenciar a oralidade na lingua propia de Galicia. Na primeira das actividades de onte os pequenos coñeceron o proceso de elaboración dunha sobremesa como as chulas. Ao longo da semana caracterizarán cabazas ou escribirán en tarxetas os medos que os acougan, para queimalas no Magosto.