ÚLTIMA HORA
El Constitucional rechaza el recurso de amparo a Juana Rivas

Novos artistas por natureza

O alumnado de Infantil e Primaria do colexio do Hío participa nunha obra de arte colectiva que rematou onte na praia de Nerga

17.06.2014 | 00:55

Desde hai catro anos vénse desenvolvendo na praia de Nerga unha actividade de arte e natureza creada polo colexio de O Hío na que todo o alumnado de Infantil e Primaria se implica na elaboración dunha obra de arte colectiva. Este tipo de realizacións está enmarcada no Land Art, que é unha corrente iniciada a partir dos anos 60 que busca levar a obra más alá de galería e museos. Esta acción inxírese nun conxunto de obradoiros de arte contemporánea que se imparten no centro desde o curso 2009-2010. O proxecto xera leva por nome NaturalMENTE Arte.

NaturalMENTE Arte é un proxecto continuado de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío. "Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias", sinalan os seus promotores, que explican nun blog (colexiohio.blogspot. com.es), de forma detallada, todo o proceso de creación nas aulas, comezando pola proxección de vídeos dun artista norteamericano chamado Whitaker que fai obras de arte cinética no deserto con pezas de metal e doutros artistas contemporáneos que traballan o movemento das súas obras, como Alexander Calder. O seguinte paso foi formar cadrados de papel de seda multicolor con pegamento de barra para despois, con cola branca, xuntalos ás estruturas de vimbio sobre os que irán pegadas as pantallas que lles servirán de mastro. Unha tarefa que precisa paciencia oriental. "A nosa aportación á obra de arte colectiva da praia xa está feita", proclaman.

"Os talleres pretenden a dinamización nas aulas das materias e competencias básicas, primando as actividades procedimentais baseadas no traballo en equipo", explica o profesor Toni Casaus, que se volca na actividade. A intervención artística que onte, para rematar o obradoiro, se levou a cabo na praia de Nerga, foi unha intervención única e global na que o alumnado saíu camiñando a primeira hora da mañá desde o colexio do Hío para instalar as pequenas pantallas de papel de seda de cores sobre as estructuras circulares de vimbio, suxeitas en canas. As pantallas dispuxéronse en fila ao longo da praia. "Deste xeito, trascéndense as cotiás tarefas individuais, provocando situacións de traballo cooperativo", sinalan os seus promotores. "Cada alumno e alumna contribúe cunha peza para a obra de todo o colexio, superando deste xeito os conceptos individuo, aula e ciclo", engaden.

Os dous primeiros anos as realizacións tiveron a terra como elemento natural, o ano pasado foi a luz e este ano é o vento o protagonista, polo que a montaxe tivo por tema a arte cinética, é dicir, o movemento na obra de arte. Onte, en Nerga -onde está a aniñar a píllara da duna, que obrigou a respetarlle o seu terreo-, os novos artistas disfrutaron da natureza e brindaron ao vento o seu traballo. Desde xa pode revivirse todo o proceso desta iniciativa no blog disposto polo colexio do Hío.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El partido será en O Gatañal, a las 20 h y con entrada gratuita

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La carrera será el 17 de septiembre y entre los inscritos están Álvaro Prieto, Roberto Riobó,...

Martín Riobó, en el descenso Red Bull de O Marisquiño

Martín Riobó, en el descenso Red Bull de O Marisquiño

| La ciudad de Vigo estuvo este fin de semana volcada con el festival de O Marisquiño....

El Alondras ficha al central Pablo Salgueiro y al medio centro Michael García

El Alondras ficha al central Pablo Salgueiro y al medio centro Michael García

La presentación oficial del equipo será el viernes en el campo de O Morrazo

Tirán Pereira salva el día con un séptimo puesto

Tirán Pereira salva el día con un séptimo puesto

Ondarroa llegó a superar en el último largo a los moañeses - Victoria para Urdaibai

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine