Artistas no punto de mira

Abrenoite expón, ata o día 29, retratos de 15 persoeiros da cultura de Cangas

14.06.2014 | 01:47
Arriba, retratistas e retratados pousan ao final do acto na Capela do Hospital. Abaixo, un momento da inauguración.

Sara Malvido, Carlos Gandón, Diana Tarín, Alberto G. Avilés, Bernardino Graña, Casilda Alfaro, José María Santoro, Camilo Camaño, Tucho Perete, Borja Brun, Fernando Cuñarro, Anxo Gago, Mighelo Blanco e Manuel Coia son os retratados polo colectivo Abrenoite e que se expoñen na Capela do Hospital

"O barco xa anda só", sentenciou o fotógrafo Anxo Cabada para definir a madurez do Colectivo Abrenoite, un proxecto ao que el lle deu pulo cando, hai xa unha década, comezou a impartirlle clases a un grupo de afeccionados nun obradoiro do instituto de Rodeira. Xa choveu desde aquela, pero sen dúbida as augas serviron para regar terra fértil e dar froitos como os 15 retratos que agora se expoñen na Capela do Hospital, os de outros tantos persoeiros da cultura baixo o título de "ART-ifices". A inauguración tivo lugar onte pola noite coa presenza de moitos dos protagonistas, e o público poderá disfrutar a mostra ata o domingo día 29, en horarios de mañá (de 12.00 a 14.00 horas) e tarde (de 19.00 a 21.00).

"Abrenoite é un dos dous colectivos de Cangas que están deixando testemuña gráfica como legado para xeracións futuras", destacou Camilo Camaño na presentación. O outro sería A Cepa, que acaba de publicar "A cantar a Cangas", con imaxes dos seus protagonistas. O resultado que se expón é froito de anos de aprendizaxe e de meses de traballo para escoller aos personaxes, trasladarlles a idea e logo retratalo con intención plástica e documental, pero tamén descubrindo "parte da alma de cada un".

Unha vila que dá para moito

Na anterior exposición de Abrenoite, os modelos foron destacados deportistas de Cangas, descuberta como "terra de campións". Agora afróntase como "terra de artistas", e as posibilidades non se esgotan para darlle continuidade á serie. "É que Cangas dá para moito; as posibilidades non se acaban", recoñeceu Anxo Cabada, que tamén destacou o aprendizaxe continuo con este tipo de experiencias e a "satisfación de que pasen os anos e sigamos sorprendéndonos cada vez. Que isto dure moitos máis", desexou o artífice desta iniciativa.

Tamén falou o presidente de Abrenoite, José Montejano, que destacou a "cantidade e calidade dos artistas de Cangas en todos os eidos", o que convierte case en misión imposible retratalos a todos. De feito, os promotores deixaron claro que se trata só dunha representación do sector artístico e que hai outros moitos e moitas que teñen méritos dabondo para estar no punto de mira das cámaras foto-gráficas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine