Nais e pais con oficio

O Concello de Cangas clausura o curso da Escola de Pais e Nais coa entrega de diplomas

11.06.2014 | 01:31
Xornada de clausura da Escola de Nais e Pais, no concello.

A ser pai e nai tamén se aprende a través da formación, o intercambio de experiencias ou o debate con especialistas na materia. Son algúns dos métodos que emprega a Escola de Pais e Nais do Concello de Cangas, que coa chegada das vacacións estivais pechas as portas ata o próximo curso.

Coa conferencia "O uso de Internet e as novas tecnoloxías: claves para entender e previr", impartida polos especialistas Antonio Rial Boubeta e Daniel Neira Barral, a Escola de Pais e Nais do Concello de Cangas puxo o peche ao curso despois de varios meses de traballo e formación. A charla versou sobre o que din os datos actuais arredor das novas tecnoloxías da comunicación, o seu uso e tamén abuso, así como "as diferentes medidas legais e de control" relacionadas con este campo e os medios para previr un uso incorrecto. Rematada a conferencia no salón de plenos e contestadas as dúbidas dos asistentes, procedeuse á entrega de diplomas aos participantes na Escola de Pais e Nais.

O acto estivo presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Dolores Gallego, que valorou a importancia do traballo realizado nesta iniciativa que "supón un marco de reflexión e debate sobre o papel das familias e trata de mellorar a relación entre pais, nais e fillos". A edil destacou que a sociedade actual está caracterizada polo importante papel que xogan as novas tecnoloxías, e sobre todo das redes sociais, que cada vez son máis empregadas por cativos e adolescentes, "facendo así máis complexa a tarefa de educar".

Estas escolas están dirixidas a pais e nais con fillos escolarizados e teñen como obxectivos "crear un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai, ofrecer recursos informativos, adquirir maior seguridade e confianza e mellorar as relacións dos pais e nais cos fillos e fillas", segundo explican os organizadores. Para conseguilo, durante o ano académico celébranse reunións quincenais nos centros de ensino nas que se tratan aspectos relacionados coa educación para a saúde, a comunicación, o manexo emocional e as habilidades sociais, "cunha metodoloxía activo-participativa que se basea no traballo de dinámicas de grupo e debate", engaden os promotores, que conclúen que a aportación dos pais e nais asistentes "é de grande interese á hora de plantexar tanto os temas de debate como as conclusións".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

Con una plantilla totalmente renovada, los cangueses reciben esta tarde al Noia

A la ilusión a través del trabajo

A la ilusión a través del trabajo

- Los discursos en la presentación del Alondras se centraron en la importancia de la humildad - El...

El Alondras revoluciona la plantilla

El Alondras revoluciona la plantilla

Solo cuatro jugadores de la pasada campaña continúan en el proyecto de Antonio Fernández

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine