Cristian López recibe o Johán Carballeira e reivindica o carácter social do xornalismo

"O meu traballo non é para conseguir premios, debe ser para conseguir cambios", afirma o xornalista vigués »O galardón consistiu en 1.500 euros e unha figura do faro de Ons

08.06.2014 | 01:22

"Estou orgulloso de recibir o Premio Johán Carballeira, porque leva o nome dalguén que loitou por unha liberdade que hoxe malgastamos. E espero seguir loitando polo mesmo camiño". Con estas verbas, Cristian López poñía o punto e final ó acto de entrega do XI Premio Johán Carballeira de Xornalismo, que recaeu neste xoven vigués por unha entrevista titulada "David Reboredo conta a súa propia historia", publicada no diario dixital Praza Pública.

López recolleu de mans do presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, Manuel Mosteiro, e do concelleiro de Cultura de Bueu, Andrés Lamosa, a figura do faro de Ons que o acredita como gañador desta edición ademais dos 1.500 euros de dotación económica que tiña o premio. Antes xa aproveitara para reivindicar o papel social do xornalismo, para subliñar que "o meu traballo non é para conseguir premios, debe ser para conseguir cambios".

O gañador quixo agradecer "o feito de que o xurado valorase o meu traballo e vise a labor de fondo" na entrevista a un personaxe "non mediático que espertou unha historia moi seguida por todos os medios de comunicación". Na historia de David Reboredo, un extoxicómano vigués indultado por un delito cometido anos atrás, Cristian López topou un resquicio informativo. "Despois de todo, ninguén lle preguntara a David Reboredo quen era David Reboredo. E o gran problema é que todo quedase nunha historia individual cando debía pasar a un problema xeral", xustifica o xornalista, que engade que "é inxusto, ilóxico, castigar a un drogodependente coma se fose un traficante, e as cárceres galegas están cheas de enfermos".

Tanto Andrés Lamosa coma Manuel Mosteiro coincidiron en sinalar que o feito de que quedase deserto o premio na anterior edición, serviu para incrementar a participación e a calidade nesta. Mosteiro, que foi un dos membros do xurado xunto a Álvaro Agulla e ó xornalista de FARO David García, destacou a axilidade da entrevista e o perfil que se fai do protagonista coma dous dos puntos fortes do traballo galardonado de Cristian López.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Andrés durante un partido reciente.
Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

El club le entregará una placa el domingo, antes del arranque del primer partido de liga

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Puebla y Ares marcaron el segundo y tercer mejor tiempo

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

Los cangueses firman (29-29) ante un Aguas Santas que está más rodado

Una pretemporada invicto y con buenas sensaciones

Una pretemporada invicto y con buenas sensaciones

El Alondras se lleva el triangular de Baiona ante Erizana y Arosa

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El partido será en O Gatañal, a las 20 h y con entrada gratuita

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La carrera será el 17 de septiembre y entre los inscritos están Álvaro Prieto, Roberto Riobó,...

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine