Da botica á farmacia (I)

O historiador Xerardo Dasairas achega neste artigo de dúas partes unha historia sobre a evolución da profesión farmacéutica en Galicia e no Morrazo

01.06.2014 | 01:45
Una de las farmacias de Cangas, con la copa de Higía, la diosa griega de la salud.

A Emilio Cordeiro: In memoriam

Detrás deses problemas de baixa rendabilidade e liquidez que sofren algunhas, incluso a piques do peche, tamén se apunta a excesiva dependencia da administración (80%), a baixa venda de medicamentos e o movemento de receitas, apesar de situárense en zonas de alto envellecemento. Segundo os farmacéuticos afectados, outro factor a ter en conta vén motivado porque moitos dos usuarios aproveitan as compras nas vilas para adqueriren os medicamentos, debido a ampliación da prescrición dos mesmos ata seis meses.

O boticario, chave do médico

Non existe moita documentación antiga referente á instalación de boticas en Galicia, ainda que temos constancia da existencia das mesmas, relacionadas cos mosteiros medievais e co Camiño de Santiago en particular. A Desamortización de Mendizábal no 1835 que provocou o abandono das instalacións relixiosas, tería grande culpa na desaparición das instalacións boticarias, afectadas polo abandono e o seu posterior saqueo e destrución. Através da documentación medieval coñecemeos a existencia das boticas monasteriais mais tamén das que dependían de confrarías, irmandades e incluso municipios. Xa no século XVI, cando o Estado comeza a sumir un papel asistencial creando hospitais reais (o de Santiago), xa temos claras referencias ás boticas anexas a estes e ás trece existentes en establecementos relixiosos. Eran tempos nos que áreas extensas do país non contaban con servizos farmacéuticos de índole comercial e a única posibilidade de contar cun tratamento farmacolóxico era a coñecida hoxe como medicina popular a base de domésticas receitas transmitidas de xeneración en xeneración que se preparaban para autoconsumo dentro de una determinada comunidad.

De mediados do século XVI temos noticia dunha revisión nunha farmacia vilega por parte do correximento na que se ordena eliminar (por nociva) a alquitara de cobre e que non se sustitúan por outros, os medicamentos prescritos. Ademáis, aquel decreta que se "provea de todo lo necesario y se envíe al encargado a hacer prácticas con un boticario avezado de la capital". Nos séculos XVII e XVIII as boticas rexentadas por relixiosos experimentaron un notable incremento, sendo Santiago, entre 1645 e 1649, quen contase coa primeira botica pública, competindo coas dos conventos e con outra xa de carácter privado. En canto á formación do boticario, esta era en principio autodidacta, adquerindo os coñecementos e prácticas através das lecturas dos libros clásico antigos sobre farmacoloxía, botánica, química, etc. Posteriormente, este saber transmitíase aos aprendices que seguindo a normativa da época botaban catro anos de preparación cun mestre boticario e facían un examen posterior ante o chamado Real Tribunal do Protomedicato. Ademáis, en 1485, xa se regulamenta o exercicio da profesión mediante o "Ordenamiento de Montalvo" que, entre outras normas esixía o certificado de limpeza de sangue, impedindo que "los judíos y moros no puedan llegar a ser especieros ni boticarios, ni vender cosas de comer ni tener tienda de botica..."

Estas ordenanzas, aínda que parezan mentira con tanto avance que houbo, estarían vixentes ata ben entrado o siglo XIX. Eran tempos en que os boticarios suministraban "escrúpulos" ou facilitaban o " trouseau ", equipo que axudaba a dar a luz na casa ás parturentas. E tamén de receitas en latín, que o boticario, dacabalo entre artista e alquimista, tiña que interpretar para combinar os "simples" da "fórmula maxistral" emitida polo médico coas misteriosas siglas a pé de receita: H.S.A.( "hágase según arte"). A melisa para os nervios, o aceite de gálbano para morbo uterino, topacio de Bohemia para a melancolía... ían saíndo a cotío da botica e tamén marabillosas "pílulas perpetuas e familiares" cuxa receita dicía: "Fúndase el régulo de antimonio y póngase en el molde. Déjese enfriar y guárdese en papel. Se toman tragadas y, al evacuarlas, ya que son insolubles, se recogen, se lavan y se guardan para una nueva ocasión. Sirven para más de veinte tomas."

En canto aos produtos utilizados, cabe dicir que proviñan en inicio, do chamado hortus sanitatis que proveía á botica de toda clase de plantas medicinais, incorporándose logo novas sustancias proviñentes de América e Asia como o áloe, o mastico, a noz moscada ou a galanga e un remedio de orixe animal: a pedra bezoar. Outros produtos moi utilizados eran a contraerba, o copal, o esperma de balea ou o chamado Unicornio, medicamento mítico, que ainda que logo moi desprestixiado, seguiu usándose ata o século XIX. A comezos do século XVIII, coa introdución da química, multiplicaríanse os produtos base para a elaboración das receitas maxistrais ainda que atopamos expedicións de fórmulas a base de azougue, ungüento de diáltea, escrúpulo de mercurio dóce, canela, láudano opiato, quina, antimonio, mercurio, "Polbos de Juanes"? Da carencia de diagnósticos médicos axeitados e do consumo dunha farmacopea baseada no ensaio e no erro, acuñaríanse ditos populares como aquel que definía aos boticarios como os cociñeiros da morte.

A evolución da botica tamén significaría o incremento do instrumental utilizado que sería longo de enumerar pola sua cantidade e variedade, localizando libros farmacéuticos como o"Mathiolo" ou o "Charás". De mediados do século XVIII é o primeiro receitario coñecido en Galicia e dos fondos das antigas boticas rescatamos cántaras, orzas, frascos e fermosos albarelos, procedentes de Talavera e Sevilla e máis tarde (XIX) de Sargadelos. Ademáis dos arcóns e arquillas onde se gardaban as medicinas chamadas preciosas, a botica tradicional contaba con cordialeiros (caixoneiras) para gardar os trociscos que era como se chamaban as preparacións habituais máis demandadas. Granatarios, piluleiros, capsuladores, rieleiras, moldes supositorios, espatularios, prensas, funís, acetres, alquitaras, balanzas, retortas, alambiques, crisoles, cribos... e un senfín de utensilios, viñan completar a dotación das antigas boticas, hoxe innecesarios pola evolución dos medicamentos e a industria farmacéutica.

Na actualidade, a rede farmacéutica da nosa comarca está amplamente cuberta con dez farmacias en Cangas, oito en Moaña e seis en Bueu, algunhas delas ubicadas nas parroquias e barrios máis poboados. Facendo un repaso histórico sobre estes establecementos encontrámonos con que a botica máis antiga de Cangas, foi a rexentada por Manuel Antonio de Almuyña a mediados do século XVIII. Uns vinte anos despois, cara a década de 1770, exercería o boticario titulado Francisco González quen ao falecer no 1792 fai constar no seu testamento as moitas débedas por préstamos aos parroquianos que supomos fosen mediciñas ao fiado. Nos fondos mediciñais das farmacias desta época abondan os xaropes, aceites, emplastos e pós, pílulas, pedras e pedras chamadas preciosas polo seu valor. Despois de bastantes anos de baleiro informativo, topamos que no 1860 xa exerce como farmacéutico, Francisco Martínez Budiño sendo esta ainda, a única farmacia existente na vila. No ano 1875 xa eran duas as farmacias en funcionamento cuxa propiedade era exercida en 1895 por Manuel Sequeiros Matos, situada na Casa da Bola, e por Benigno García Soage, respectivamente.

*Mestre e investigador

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Andrés durante un partido reciente.
Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

El club le entregará una placa el domingo, antes del arranque del primer partido de liga

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Puebla y Ares marcaron el segundo y tercer mejor tiempo

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

Los cangueses firman (29-29) ante un Aguas Santas que está más rodado

Una pretemporada invicto y con buenas sensaciones

Una pretemporada invicto y con buenas sensaciones

El Alondras se lleva el triangular de Baiona ante Erizana y Arosa

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El Cangas sigue su preparación y hoy recibe al Augas Santas

El partido será en O Gatañal, a las 20 h y con entrada gratuita

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La media maratón de la Costa da Vela alcanza su tope de 600 inscritos

La carrera será el 17 de septiembre y entre los inscritos están Álvaro Prieto, Roberto Riobó,...

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine