Flores para recuperar o espírito de Carballeira

A Asociación de Amigos de Johán Carballeira anima a seguir o seu exemplo e "loitar pola defensa dos nosos dereitos e liberdades"

28.04.2014 | 02:15

Bueu voltou lembrar con flores a figura de Johán Carballeira nun acto que serve para rendir homenaxe non so ó exalcalde represaliado tras o golpe de 1936 senón tamén a tantos veciños que sufriron a violencia posterior a esa situación. A Asociación de Amigos de Johán Carballeira desenvolveu onte a xa tradicional nos últimos anos ofrenda floral, á que acudiron algo máis de medio centro de persoas, e posteriormente celebrouse unha charla no Centro Social do Mar a cargo do historiador Xosé Álvarez Castro, coa intención de arroxar máis luz a unha etapa escura da historia.

Lembranza do pasado pero también aprendizaxe de cara o futuro e o presente. Ésa é a mellor lectura que se pode extraer do acto homenaxe a Johán Carballeira, que un ano máis organizou a Asociación de Amigos de Johán Carballeira coincidindo co aniversario da súa execución, o 17 de abril de 1937, xunto ó sindicalista Manuel Graña Pouseu e ós canteiros Avelino Chapela Soliño e Manuel Chapela Couso. A Semana Santa fixo trasladar ó día de onte un acto no que se reuniron preto de 60 personas e no que Manuel Mosteiro, presidente do colectivo, foi o encargado de leer un manifesto no que apostou por recuperar o espírito de Carballeira.

Mosteiro animou a que "igual que eles loitaron pola defensa das liberdades e do rexime democrático contra o que os golpistas se levantaron en armas, nós debemos erguernos cada día guiados polo seu espírito e loitar pola defensa dos nosos dereitos e liberdades que se ven atacadas e cortadas nos últimos tempos". Fíxoo nun discurso no que subliñou a necesidade de "lembrar e sobre todo reivindicar" a figura de Johán Carballeira nuns tempos nos que os políticos son asociados "a palabras como corrupción, prevaricación ou financiación ilegal". Fronte a isto, o exemplo do exalcalde, represaliado xunto a membros da corporación municipal do 36 "polo seu labor a prol dos dereitos dos veciños desta vila".

Apuntou tamén Mosteiro por ter como referentes das loitas polas liberdades e dereitos a homes como Fariña, Jacinto Lamosa, Villaverde ou Francisco Escáneo, entre outros, pola súa loita por un Estado do Benestar que agora está en perigo. Nesta liña, o dirixente de Amigos de Johán Carballeira afirmou que hai que erguerse cada mañán lembrando que estes veciños "eran xentes coma nós", xentes "limpas nas súas actuacións, que non se movían por intereses espúreos e escuros como os que segaron a vuda de Ricardo Gómez Buceta ou José de la Torre, que representan a todos os que hoxe queremos homenaxear".

A súa intervención rematou en aplausos e na interpretación do himno galego a cargo dunha gaiteira mentres os presentes entonaban con emoción as coñecidas estrofas "Que din os rumorosos na costa verdecente, o raio trasparente do prácido luar....". Foi pouco antes de facer a ofrenda floral, que este ano correu a cargo de dúas familiares de represaliados tras o golpe de 1936. A filla de Avelino Chapela, fusilado con Carballeira, Carmen Chapela, foi unha delas xunto á neta de Francisco Aldao, Guadalupe Vizoso Aldao. A continuación os presentes recolleron claveis para colocalos a modo de ofrenda no monumento de Johán Carballeira situado no fronte marítimo.

A continuación, a actividade trasladouse ó Centro Social do Mar, onde se desenvolveu unha charla na que participaron o profesor e historiador pontevedrés Xosé Álvarez Castro, o historiador marinense Celso Milleiro e o directivo da Asociación de Amigos Johán Carballeira Xosé Novas. Os dous últimos foron os encargados de describir os sucesos acontecidos nos primeiros días do golpe de 1936, concretamente, do 18 ó 21 de xullo en Bueu e Marín, facendo fincapé no importante papel da unidade de tiro Jaime Janer de Marín, que foi a responsable de atallar a oposición o golpe, e de destituir a Johán Carballeira para entregar o poder a Gonzalo Torrente.

Pola súa parte, a intervención de Xosé Álvarez Castro centrouse no proceso de represión posterior ó golpe e nas forzas que participaron na mesma, mostrando luz sobre feitos menos coñecidos como que os principais xefes militares do Exército e da Marina en Galicia foron fusilados por estar en contra do golpe. "Aquí non houbo dous bandos senón un proceso de represión desde o primeiro día", sentencia Xosé Novas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El Alondras revoluciona la plantilla

El Alondras revoluciona la plantilla

Solo cuatro jugadores de la pasada campaña continúan en el proyecto de Antonio Fernández

Tirán quiere recuperar terreno en Zarautz

Tirán quiere recuperar terreno en Zarautz

La tripulación moañesa, con varias bajas, aspira a consolidar el séptimo puesto

Un día para batir todos los registros

Un día para batir todos los registros

La emblemática prueba reúne en el Miño a unos 500 deportistas en 404 barcos

Samertolaméu celebrará el título en casa

Samertolaméu celebrará el título en casa

El club de Meira, ya invitado a la Clasificatoria de La Concha, organiza este domingo la última...

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

Se espera que 120 nadadores participen en la prueba de mañana

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Laïka Fatien durante una de sus actuaciones. // WildBild
Laïka Fatien: "Me reconozco en los textos que canto"

Laïka Fatien: "Me reconozco en los textos que canto"

La artista francesa llega al Canjazz como uno de los platos fuertes de esta edición

Pepe Simón, amigo dos amigos e da cociña galega

Pepe Simón, amigo dos amigos e da cociña galega

Converteu Casa Simón nun afamado restaurante polas ostras, bos mariscos e a calidade dos seus pratos

Sinaí afirma a su salida del penal de Villabona que si fuese un VIP no habría pisado la cárcel

Sinaí afirma a su salida del penal de Villabona que si fuese un VIP no habría pisado la cárcel

Afirma que está tranquilo porque en el registro de su casa no "encontraron nada" y que es víctima...

Enlaces recomendados: Premios Cine