Carballeira iniciou as suas publicacións en Faro de Vigo no ano 1923. Aparecen estas, escritas en castelán, nun estilo modernista propio da época e dun xoven que se iniciaba nestes temas. Logo publicaría nas revistas "Vida Gallega" e "Céltiga", colaborando na fundación da Gaceta de Galicia en 1929. Desde un par de anos antes viña exercendo como correspondente en Bueu do xornal "El Pueblo Gallego", especializándose tamén na entrevista e na reportaxe, xéneros inusuais na prensa galega. Isto, e mais os seus artigos de crítica literaria, daríanlle certa sona, exercendo asemade de colaborador de revistas e xornais madrileños como "La Estampa" e "Luz y Ahora". Ainda que moi resumida aquí a sua biografía, nas consultadas sobre Johan Carballeira non atopamos mención a esta colaboración do domingo 7 de setembro do 1930 no madrileño xornal "El Sol" que agora reproducimos. Este xornal, liberal primeiro e republicano despois, contou con notables firmas da cultura española, entre elas moitos recoñecidos falanxistas cuxa presenza acabaría non só por degradar ao xornal senón que no franquismo, incautado, converteríase no xornal "Arriba", buque insignia da prensa do Movimiento.

*Mestre de Cangas.