"De todas as doenzas, a máis grave é a atrofia do espírito civil"

"De seguir por ese camiño seremos un pobo laxo de ideais empoados e esvaídos", di Carballeira na entrevista imaxinada

27.04.2014 | 01:45
Ofrenda floral en el homenaje a Johán Carballeira el año pasado.

Na segunda parte da entrevista imaxinada a José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, o exalcalde represaliado de Bueu aporta o seu punto de vista sobre cuestións como a educación, a política galega ou a delicada situación económica que atravesa España. Todo nun texto froito da imaxinación e dun profundo traballo de investigación realizado polo profesor Arturo Sánchez Cidrás baseado en artigos, textos e poesías do propio Carballeira. Deste xeito rinde a súa particular homenaxe nestas datas nas que se conmemora o aniversario do seu fusilamente.

- Para quen foron o teus ultimos pensamentos diante do pelotón?

- Para a miña familia e, sobre todo para a miña Lolucha a quen tiven a oportunidade de escribirlle unha nota apenas hora e cuarto antes de ser fusilado. Nela lle dicía tamén que "Morremos ás 7", como así foi e se pode comprobar nas actas militares...

- Non vou furgar máis nas feridas que tanto che fixeron sufrir... polo que paso a facerche algunha pregunta sobre temas actuais... Como saberás estámos en debate coa polémica Lei de Educación. Que comentario che merece?

- A educación terá que desenvolver no individuo todo o que ten de seu aproveitable e dotalo, mediante a aprendizaxe, daquela habilidade técnica que ha de constituír o instrumento do seu traballo. É dicir, que ademais da formación do individuo como tal é indispensable unha formación diferenciada que aproveite as calidades innatas ou adquiridas máis destacadas ... Mais hoxe quere impoñerse unha visión económica e de control e esta miopía é falta de comprensión e estimativa da orde de valores, no terreo do verdadeiramente patriótico deveu unha delicuescencia fatal para toda empresa colectiva... De todas as doenzas españolas ningunha máis grave que a atrofia do espírito civil. De todas as necesidades, ningunha máis urxente que aprender cidadanía, desenvolver o sentido da colectividade... De seguir por ese camiño seremos un pobo laxo de ideais empoados e esvaídos, sen personalidade.

- Que comentario che merece a posición dos políticos galegos con respecto a esta lei, decretos, normas e outras que se "cociñan" no parlamento español?

- Actualmente as políticas obedecen a signos económicos; e a pesar de estar claramente discernido que a economía de Galicia áchase contraposta á da maioría das rexións de España, dáse o paradoxo e cruel circunstancia de que a maioría dos representantes políticos de Galicia áchanse ao servizo de políticas contrapostas aos intereses galegos; políticas alleas á nosa realidade, sen cor nin acento nosos, insobornablemente nosos. Esta é a razón do noso triste sino, que parece fatal e irremediable; porque temos oídos e non ouvimos, temos ollos e non queremos ver...

- Quixera a túa opinión acerca dos movementos cidadáns como o 15M, antidesafiuzamentos, a escasa posibilidade de enfrontarse aos recortes, o incremento no número de pobres, etc.

- Non é congruo que por máis tempo, ao socairo dunha pretendida democracia hipócritamente exercida, persístase na anulación dos resortes que unicamente poden posibilitar o saudable exercicio dunha colaboración cidadá, base imprescindible dunha sa democracia, aberración aquela a que dá lugar a marxinación de estamentos representativos das distintas zonas da opinión pública. Este pecado, concretamente, hai que achacarllo aos modos, ao sistema que é norma da política profesional...

- Como ves o panorama actual en España?

- É triste, é desconsolador, está fatal. Pero é así. O problema na nosa España, máis complicado todo fai supor que é este de quen vai encargarse do temón da nave pois o mar do porvir está a abrir bocas solícitas e destrutoras no horizonte co estremecemento do descoñecido. Porque -paradoxo- temos que facer política para vernos afastados da política. Así chegamos ao bronco momento actual, cando se acelera máis e máis ese secular proceso de desintegración nacional, sen que nada nin ninguén acerte a contelo dentro dos manidos moldes da vella política de vello estilo. Porque a crise, agora, é de fácil diagnóstico para calquera normal oído que se achegue atento ao corazón rumoroso do noso tempo. - como en España, en Europa, no mundo en xeral.

- Imos rematar... Se queres despedirte ata outra dos teus paisanos...

- Bueu! ... fronte á fascinante graza da túa baía, mil veces aclaráronse as miñas retinas co colirio do teu esplendor; supremo ben só conturbado pola pena de que non poida dicir: Son de Bueu!

Amigo Carballeira! Non sintas poder dicir, Son de Bueu! Xa que ti eres eres parte de Bueu e Bueu te respecta e leva no corazón. Tiveches, e aínda tés, amigos de verdade. Algúns forxáronse antes e durante os momentos malos que a "in"-xustiza vos fixo vivir... Outros que te quixeron coñecer ó través da túa obra escrita, das túas vivencias, que te buscaron, cos folgos da xuventude, coma guía...Outros que prefiren lembrarte como estandarte dun momento político. Outros que te coñecen coma home, coas limitación e grandezas, que te leron con cariño e que te respectan polo que representas na memoria de Bueu.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Experiencia para buscar la permanencia

Experiencia para buscar la permanencia

El Beluso ultima su plantilla a escasos días de que comience su ilusionante campaña

Estreno mundial de Martín Riobó

Estreno mundial de Martín Riobó

El piloto cangués completa su primera participación en el Mundial de Trial - Lidera también el...

Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine