Anthony Alfonso, de Aldán e catedrático de xaponés

Dasairas rescata a figura de Antonio Alfonso Pardavila, xesuíta natural de Cangas e autor dunha prestixiosa gramática xaponés-inglés

20.04.2014 | 01:15
Manual "Alfonso" de xaponés. // FDV-X.D.

Ándase a celebrar o bicentenario de frei Rosendo Salvado, aquel frade bieito que trouxo o eucalipto a Galicia desde Australia, onde é coñecido como "apóstolo das aborixes". - traemos isto a conto porque o noso persoeiro local, ademais de compartir a condición de frade, sobrancearía tamén nese país, aínda que no campo da filoloxía. Por iso, nunha época na que semellan menudear con insistencia mediática outros valores, non está de máis lembrar aqueles colectivos e persoas que manteñen aceso o facho da cultura, actuando como importantes referentes de Cangas neste eido.

Neste sentido, rescatamos para o coñecemento e recoñecemento intelectual, a figura de Antonio Alfonso Pardavila, ou Anthony Alfonso, como era coñecido no mundo universitario anglosaxón e xaponés. Natural de Aldán, fillo de Antonio Alfonso e Constantina Pardavila, quedou orfo de moi novo ao perder o seu pai no mar. Por este motivo, a sua nai decidiu encamiñar os fillos cara outros eidos menos rigorosos e duros, mandándoos a faceren estudos nos xesuítas de Vigo. Desde aquí, continuaría a súa carreira, ingresando na orde xesuítica, realizando estudos en Salamanca e impartindo despois, clases na Universidade Pontificia de Comillas en Cantabria. Logo, sería trasladado á Universidade Sophia de Tokyo, fundada en 1913 polos mesmos xesuítas, onde continuaría co seu labor docente, ao tempo que iniciaba os seus estudos sobre a lingua xaponesa da que se había converter nun referente mundial.

Graduado en Ciencia Lingüística pola Universidade de Michigan (Estados Unidos), Antonio Alfonso Pardavila foi director académico do Tokyo English Center e da Nihongo Gakkó (Escola de Xaponés), unha entidade privada que tiña a a súa sede en Yokosuka e estaba vinculada a Sophie University (Tokyo). O profesor Alfonso foi tamén docente convidado na Georgetown University (Washington, D.C.), da Pennsylvania University (Pennsylvania, Philadelphia, Estados Unidos) e da Princeton University (New Jersey, Estados Unidos). Neste periplo académico tamén foi convidado polo Social Science Research Council (SSRC, Consello de Investigación de Ciencias Sociais), de Estados Unidos, para realizar un estudo técnico sobre o ensino do xaponés en vintedúas universidades deste país. A difusión e repercusión da súa obra, mesmo con programas nos medios audiovisuais, foi enorme e ante a negativa a cederlle aos xesuítas os seus dereitos de autor, sería expulsado da orde.

Posteriormente, exercería de profesor agregado de Xaponés na Universidade de Hawai (Honolulú) e despois como catedrático e decano de xaponés na Australian National University (Canberra, Australia), na que se xubilaría como docente. Durante este tempo iniciaría a convivencia coa que sería a nai dos seus dous fillos, que actualmente viven en Australia. A distancia xeográfica que o separaba de Aldán e o seu intenso traballo, demorarían durante bastantes anos un primeiro achegamento á súa familia que logo, en anos posteriores, repetiría en diversas ocasións. Nestas curtas estadías en Aldán, retomaría o contacto cos seus familiares e deixaría constancia de que non se esquecera do idioma galego nin da familia, apesar da residencia continuada en países con idiomas diferentes. Con motivo da súa última visita ao seu pobo natal, a súa figura non só tivo certo eco mediático, senón que incluso se falou de homenaxealo ou dedicarlle unha rúa, asuntos estes que, a día de hoxe, aínda durmen no baúl dos proxectos adiados sen prazo de execución.

Mundialmente recoñecido

Unha vez xubilado, ainda sería reclamado en diversos países, exercendo de catedrático de Lingua Xaponesa na Escola Oficial de Idiomas de Madrid, implantándose os seus manuais de xaponés nas de España que impartían este idioma, incluída a de Vigo. No ano 2007 falecería en Camberra, cidade na que tiña fixado a súa residencia habitual.

A súa obra máis destacada e coñecida é «Japanesse Language Patterns» (Esquemas ou patróns de Lingua Xaponesa), en dous volumes. Desta obra, dixo o profesor S. Kuno, xaponés catedratico de Lingüística na Universidade de Harvard, que «é a mellor gramática de xaponés-inglés que xamais se escribiu sobre calquera lingua do mundo, unha obra mestra». Outros traballos seus son «Japanese, a basic course» (Curso básico de Xaponés), en dous volumes; «The Japanese Writing System» (O sistema xaponés de escritura, en 4 volumes); «Japanese» (curso para Bacharelato superior, en 4 volumes); «Spanish» (Español), curso magnetofónico de español para xaponeses, cunhas doce horas de fita gravada, e un breve apoio. En colaboración con lingüistas de prestixio como Niimi Kazuaki e Félix Lobo, editaríase no 2001 o manual «Japonés paso a paso» que en tres volumes achega aos estudantes ao xaponés básico. No ano 2003 aínda publicaría o libro "Para conocer la psicología de la religión".

Antonio Alfonso Pardavila non só foi unha das primeiras figuras mundialmente recoñecidas no ensino do xaponés senón que sería dos poucos occidentais, distinguidos polo Emperador e o Goberno xaponés, cunha das condecoracións máis prestixiosas deste país: - non é de estrañar esta distinción pois incluso no anecdotario dos lingüistas nipóns expertos, consta que Antonio Alfonso Pardavila, cando falaba xaponés (estando de costas), pasaba perfectamente por un deles.

* Mestre e historiador

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

Se espera que 120 nadadores participen en la prueba de mañana

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

Tras el choque, se presentarán ante el público todas las plantillas

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

El club le entregará una placa el domingo, antes del arranque del primer partido de liga

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Puebla y Ares marcaron el segundo y tercer mejor tiempo

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

Los cangueses firman (29-29) ante un Aguas Santas que está más rodado

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Dicen que no dan abasto -Ayer retiraron 6 en Cangas y desde marzo ya contabilizan un total de 255...

Enlaces recomendados: Premios Cine