Galiza pola Soberanía defende en Bueu a necesidade de que "o país tome conta de si"

A plataforma social celebrou onte no Centro Social do Mar o seu acto de presentación no Morrazo - Participaron máis dun cento de persoas

06.04.2014 | 01:56
Imaxe do acto de onte no Centro Social do Mar de Bueu. // G.Núñez

A plataforma Galiza pola Soberanía celebrou onte o seu acto público de presentación na comarca do Morrazo e o fixo no Centro Social do Mar de Bueu, onde segundo os organizadores chegaron a reunirse preto de 150 persoas e aseguraron estar "plenamente satisfeitos". Entre os presentes estaba a escritora Teresa Moure, unha das fundadoras deste movemento e integrante da coordinadora nacional. Ela foi a encargada de introducir o acto, no que defendeu a necesidade de que Galicia "tome conta de si mesma" e que teña o control sobre os seus sectores económicos e produtivos, sobre todo nestes momentos de crise económica.

A intervención de Moure foi seguida pola do profesor e historiador Xerardo Dasairas, que foi o encargado de presentar o video "A proclamación da República Galega de 1931", impulsado pola Fundación Moncho Reboiras. Dasairas é xunto Uxío Breogán Diéguez un dos historiadores que participan neste video-documental no que se rememora a proclamación dun Estado Galego en xuño de 1931 e o vencello coa folga dos "carrileiros" que traballaban na construcción do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña.

A presentación en sociedade de onte en Bueu rematou coa actuación dos integrantes da Quenlla Mini, Mero e Marina Quintillán, acompañados polo músico buenense e integrante de Quempallou Guillerme Ignacio.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine