O alumnado de primeiro curso de ESO do instituto Monte Carrasco protagonizaron onte pola mañá un acto simbólico para conmemorar o Día da Muller vestindo a estatua adicada ás "peixeiras" ubicada a carón da praza de abastos cun chal tecido por estudiantes do centro. Tratouse de un "xesto simbólico" da comunidade escolar para vestir esta figura coa referida prenda elaborada en cores lila, verde e branco "en memoria das mulleres sufraxistas do século XIX e a súa loita en prol da igualdade".

A homenaxe, realizado ás dez e media da mañá e no que participaron arredor de medio centenar de persoas, incluíu a lectura dun manifesto: "No IES Monte Carrasco queremos homenaxear á muller con este xesto simbólico de acariñar unha estatua da vila de Cangas cun chal tecido polos alumnos e alumnas do instituto coas cores lila, verde e branco en memoria das mulleres sufraxistas do século XIX e a súa loita en prol da igualdade". O acto levantou espectación entre as persoas que circulaban por esa zona nun día de mercado e bendecido polo bo tiempo.

Ademais, noutros centros educativos e colectivos sociais da comarca do Morrazo organizáronse actividades conmemorativas do "Día Internacional da Muller".