A ONG Solidariedade Galega organizou onte en Bueu un acto público para presentar á cidadanía o traballo solidario que está desenvolvendo en Nicaragua. Esta organización está formada maiormente por médicos e profesionais da sanidade.

A presentación de onte contou coa presenza do presidente da ONG, Enrique Rodríguez Álvarez, e interviron o médico especialista en medicina subacuática Salvador Fojón, que falou sobre o proxecto sobre a enfermidade da paraplexia por descompresión, que sufren os mergulladores de comunidades de Nicaragua e Perú, ou Haydeé Castillo, directora do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua. O acto contou coa colaboración da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), a actuación do Mago Paco e a lectura de poemas de Asun Estévez.