A escritora Marisa Núñez Álvarez subirá hoxe ao palco do Auditorio Municipal para recibir un galardón no que o xurado recoñece a súa importante laboura como autora de contos infantís, algúns deles tan coñecidos como Carabuñas ou A Cebra Camila.

Aínda que non naceu en Cangas está asentada no municipio dende hai anos e é mestra no colexio público de O Hío. Destaca tamén o seu traballo editorial, sempre no marco da literatura dirixida aos máis cativos, que pasan por ser o futuro que sustente a industria editorial en galego, tan importante para a cultura propia.