Bueu acolle o venres unha nova edición do Correlingua e agarda a asistencia de 1.900 escolares

Participarán centros de todo O Morrazo

08.05.2013 | 07:34
Imaxe do Correlingua do Morrazo do ano 2012 en Moaña // C.G.
Imaxe do Correlingua do Morrazo do ano 2012 en Moaña // C.G.

A Asociación Correlingua e o Concello de Bueu organizan este venres unha nova edición desta actividade, na que se pretende involucrar aos escolares e centros educativos na defensa do galego. Esta é a terceira vez que esta iniciativa se desenvolve no municipio buenense e dende a súa Concellería de Cultura agardan a participación de case 1.900 escolares de centros de Cangas, Moaña, Marín e da propia vila. Os actos incluirán unha serie de xogos populares para os máis pequenos e unha marcha polas rúas do municipio para o resto.

A hora de inicio de Correlingua está prevista para as 10.00 horas e o punto de encontro será a Praza Massó. A Asociación Correlingua soe organizar esta actividade nas grandes vilas, pero hai uns anos o Concello de Bueu plantexou a posibilidade de celebrala no municipio para evitar que os nenos tivesen que desprazarse a Vigo ou Pontevedra e facilitar así a participación. A iniciativa resultou un éxito e o ano pasado incluso se celebrou o Correlingua do Morrazo en Moaña.

Romaría das Letras Galegas

Esta actividade organízase coincidindo co mes das Letras Galegas e precisamente onte a Concellería de Cultura confirmou que xunto ao Bueu Atlético de balonmán vaise encargar da organización da Romaría das Letras Galegas de Beluso. Esta cita a organizaba habitualmente a Asociación de Veciños O Progreso, pero nestes intres o colectivo atópase nun momento de transición e cunha xunta xestora por por falta de renovación. "Gustaríanos que isto fose un toque de atención para que a xente se decate do que costa organizar as cousas e da importancia da labor do Progreso", defende o concelleiro de Cultura, Andrés Lamosa.


Deportes Morrazo

Experiencia para buscar la permanencia

Experiencia para buscar la permanencia

El Beluso ultima su plantilla a escasos días de que comience su ilusionante campaña

Estreno mundial de Martín Riobó

Estreno mundial de Martín Riobó

El piloto cangués completa su primera participación en el Mundial de Trial - Lidera también el...

Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine