Esta xeira de charlas e coloquios conclúe o 21 de abril coa ofrenda e homenaxe diante do monumento a Johán Carballeira, fusilado na madrugada do 16 ao 17 de abril de 1937. Ás 17.00 horas terá lugar a ofrenda floral no monolito colocado diante da praia da Banda do Río e logo, ás 18.00 horas, celébrase un acto no Centro Social do Mar baixo o título de "81 anos despois da constitución da agrupación do Partido Galeguista en Bueu". Ese primeiro consello foi constituído o 4 de abril de 1932, presidido por Salvador Rodríguez Juncal. Logo sería renovado en xaneiro de 1933 e presidido por Agustín García Parada. Segundo os datos dos organizadores, naquela época Bueu, con 73 militantes, era a agrupación máis numerosa do Partido Galeguista, somentes por detrás de Rianxo.