ULTIMA HORA
Juana Rivas se entrega a la justicia en Granada tras casi un mes desaparecida
No centenario de Ángel Botello (V) · (Cangas, 1913-Puerto Rico, 1986)

O Botello que Cangas ten que descubrir

O pleno municipal votou por unanimidade no 2001 adicar ó artista a sala de exposicións da Casa de Cultura

10.03.2013 | 02:23

Coa quinta achega, o director da Casa de Cultura de Cangas, Camilo Camaño, conclúe a serie de artigos, publicados ó longo das últimas semáns, adicados ó artista cangués, Ángel Botello, no centenario do seu nacemento. Camaño recorda as xestións feitas ante a corporación municipal local para que se cumprise o compromiso de adicar a sala de exposicións da Casa de Cultura na honra de Botello. Catorce anos despois daquel pleno no que se votou,por unanimidade,ó acordo, e dezaoito da primeira proposta, queda por cumprir o nomeamento dunha rúa ó coñecido como o Gauguin de Cangas.

Con data 13 de decembro de 1999, volvo recibir nova comunicación desde Caracas de Mariángeles Tosi Botello, sobriña do artista, referíndose ao acto e, anticipándome dos avances respecto da doazón que a familia Botello pretendía nos facer, escrito que se reproducira integramente na anterior achega e, ao que van continuar outros, onde me preguntaba polo cumprimento do acordado. Diante destes avances, a miña preocupación crecía, posto que por parte da institución municipal non se tiña cumprido nada do requirido e asinado no comodato asinado, polo que con data 29 de maio do 2000, escribo a Mariángeles, pregándolle desculpas, pero que estabamos agardando que todo se realizase segundo o previsto. Aproveito para me dirixir máis unha vez á Corporación, mediante escrito rexistrado o 19 de setembro de 2000, solicitando que se retome o tema Botello e se de cumprimento ao asinado. O devandito incumprimento, fai que os contactos da familia Botello, sobre todo con Mariángeles, se intensifiquen, tanto telefonicamente como por escrito, ate que con data 5 de febreiro de 2001, recibo outro escrito que desde Caracas me envía Mariángeles, onde sen ánimo de polemizar, nos solicita a devolución da obra doada, dado o absoluto incumprimento do asinado, escrito que fora igualmente reproducilo integramente no anterior artigo. Solicito da familia, unha nova oportunidade, pois non deixaría de intentar as veces que fixese falta, mediante escritos ás corporacións, que se dese cumprimento ao acordado co fin de non perder, cando menos a obra que estaba no noso poder. Esperpénticas e despectivas foran as respostas, ate que á insistencia persoal, as presións externas e sobre todo a unha recollida de sinaturas (máis de catrocentas individuais e vinte asociacións), así como o apoio dos grupos políticos da oposición, logrou someterse a un pleno extraordinario, que tivo lugar o 5 de marzo de 2001 e, no punto 11º da tratamento a todo o referente á obra de Angel Botello: 1º cumprimento dos acordos ; 2º garantir por tódolos medios a doazón de fondos de obra de Botello pola súa importancia artística e patrimonial; que con data 5.3.01, a Comisión informativa de Réxime Interior, ditamina favorablemente a proposta presentada. Diante da devandita aprobación, o alcalde outorga a palabra ao público, asinante e interesado no tema, dando lectura un portavoz ao escrito reivindicativo que fora base da colleita de sinaturas, concretándose nestes puntos:

1º.- Ratifica-la denominación Angel Botello, para a Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

2º.- Instalar inmediatamente o retrato de Bonifacia Barros del Amo, segundo o convenio-comodato de 9.8.99, entre o Concello de Cangas e a familia Botello.

3º.- Axiliza-los trámites para a denominación dunha rúa co nome Angel Botello.

4º.- Que o Concello de Cangas se dirixa oficialmente á Fundación e a Familia Botello, remitíndolles os acordos e mesmo fotos da obra instalada, quedando pendente da súa conformidade. Manifestando que o Concello de Cangas tería o máximo interese e consideraría unha honra, poder contar con máis obra de Botello....

Por fortuna e sorprendentemente, logo de tanta tardanza e vicisitudes, apróbase por unanimidade dos membros da Corporación municipal, o escrito presentado e lido, na totalidade dos seus termos.

Co urxente traslado á Fundación e Familia Botello do acordo, así como fotos e documentación relativa á instalación da obra, e a denominación do espazo como Sala de Exposicións "Ángel Botello" da Casa da Cultura de Cangas, puido evitarse a devolución e conseguinte perda de tan entrañable pintura, que con seguridade, é un referente artístico e cultural para a nosa vila.

Agora, aínda queda nas mans da Institución Municipal, ou mellor dos membros que a conforman, o cumprimento dos demais apartados da unánime aprobación, entendendo de obrigado cumprimento, cando menos, a designación dunha rúa co seu nome, que non ten por que obrigatoriamente ser a nun principio proposta, aínda que sexa 18 anos despois da súa proposta (20.4.95) e 12 da súa aprobación unánime (5.3.01) Agardemos que un mellor coñecemento do artista e da súa xenial obra, sexan quen de sensibilizar e tomar as decisións pertinentes, a quen teña nas súas mans tan merecida resolución.

Recoñecemento internacional

Con estas cinco achegas, non foi outra intención, que a de abundar na persoa de Ángel Botello, un fugaz paso pola vida dun xenial artista, pola súa rica e excepcional obra, que por razóns do destino, foi un descoñecido na súa terra, aínda que con recoñecemento internacional. Que todo o relatado nas cinco publicacións, está perfectamente documentado, e ao dispor de lectores/as e investigadores/as interesados no fenómeno BOTELLIANO. Que as devanditas achegas, contribúan a nos enriquecer a través de BOTELLO e a arte BOTELLIANA. A non enxuizar negativamente a ninguén polo seu pensamento ou filosofía practicada, ou acaso a casualidade de coincidir con tempos adversos. En definitiva, que todos e todas -da vila, bisbarra ou comunidade-, nos sintamos un pouco máis identificados con Ángel Botello e coñecedores das súas creacións artísticas.

¿Serían acaso a súa condición republicana, ou simplemente estar recrutado no Exército Republicano ao mando de Lister, ou o seu exilio, razóns para tanto descoñecemento, agravio, menosprezo, e imprudente tratamento e declaracións respecto da obra de Botello? Aí queda a pregunta, tamén a documentación e o relativo aos feitos para a reflexión. Non quero concluír, sen antes pregar desculpas a quen poida ferir algo do exposto (sempre desde a realidade). Tamén agradecer o seguimento das achegas sobre Botello, así como o interese amosado por FARO DE VIGO polo tema e, non escatimar espazo no seu medio. Por último, anticiparlles que nas vésperas do centenario Botello (20.6.2013), trataremos de facer unha publicación para afondar na súa obra, entre tanto, agardamos que poida ser realidade o cumprimento dos temas pendentes e de maneira especial, O NOMEAMENTO INCUMPRIDO DA RÚA ÁNGEL BOTELLO.


Deportes Morrazo

Mauro celebrando el primer gol de los que anotó el Alondras este domingo. // Santos Álvarez
Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

Tirán pincha en las olas de Zarautz

Tirán pincha en las olas de Zarautz

La embarcación de Moaña reacciona en el último largo pero no evita el penúltimo puesto

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine