Aqueles que, coma min, collen unha teima por algo, unha das súas grandes preocupacións é a recompilación de todo tipo de datos e búsqueda de documentación sobre ela. No meu caso, a miña teima foi a Illa de Ons, illa que, cando eu a coñecín a principios dos anos 70 do pasado século, era unha illa virxe en todo tipo de estudos e investigacións, sobre todo antropolóxica e etnograficamente falando. Foi por iso que, mirando a enorme riqueza que posuía nese eido e a nula dedicación que os investigadores lle dedicaban, púxenme ao labor deseguida.

Nas moitas pescudas e traballos de hemeroteca realizados atopei verdadeiras xoias sobre pequenos detalles, que pasarían desapercibidos a calquera, pero que teñen unha enorme importancia á hora de coñecer esta Illa e á súa comunidade humana que, polo seu illamento durante case dous séculos, foi quen de elaborar unha riquísima cultura popular que, por desgraza, vai morrer no esquecemento pola falla de estudos especializados no seu momento.

Nesta primeira entrega, dúas pequenas pero interesantes novas aparecidas na prensa nacional. Unha relacionada coa idiosincrasia dos habitantes de Ons de principios do s. XX. Concisa pero curiosa crónica aparecida no ano 1929.

"LOS VUELOS DE LAS AVES ANILLADAS:

Francisca Patiño Pérez de sesenta años de edad, recogió en la Isla de Ons una paloma mensajera, la cual, en sus anillos, ostentaba la siguiente inscripción: "Whater. N. / N. 4. 3. 872. U.S.A.".

Alguien le hizo creer que el hallazgo valdría mucho dinero, y la buena mujer se presentó en el pueblo de Bueu, pidiendo una crecida cantidad por la paloma y negándose a entregarla a las autoridades.

Se da el caso curioso de que Francisca, que no había salido de la isla en veinticinco años, realizó ahora el viaje convencida de que poseía un tesoro".

A outra está relacionada coas ideas ou proxectos que o goberno republicano de Madrid tiña para a Illa de Ons no ano 1935.

"NUEVA COLONIA AGRÍCOLA PARA VAGOS Y MALEANTES:

La Gaceta publica un decreto del ministerio de Trabajo autorizando al ministro del Ramo para que adquiera por gestión directa la Isla de Ons (Pontevedra) para instalar en ella la colonia agrícola para vagos y maleantes".

Esta nova quizais teña conexión coa idea que, por aquelas datas, tiña o Sr. Didio Riobó, propietario da Illa de Ons, sobre a entrega da Illa aos veciños, sempre e cando, o goberno da República lle pagara un prezo xusto. Podemos especular que, dende Madrid, ignorantes da situación veciñal de Ons, puideron pensar que, por mor do seu illamento, sería un excelente lugar para a instalación dunha colonia agrícola para xente inadaptada.

Ao ano seguinte, quizais porque se deron conta da problemática veciñal ou polas problemáticas que atravesaba o país, publicouse, no mesmo xornal, o seguinte:

"Declarando nulo y sin ningún valor el Decreto de 23 de octubre de 1935 relativo a la adquisición directa de la isla de Ons (Pontevedra) para la instalación en ella de una colonia agrícola de vagos y maleantes".

* Celestino Pardellas é presidente da Asociación PiñeirÓns.