Os nenos da comarca atopan en Moaña a riqueza da lingua

Uns 1.800 alumnos dunha veintena de centros participan no Correlingua para reivindicar o emprego do idioma propio

 08:04  
Os nenos encheron o entorno do palco da música.  // Carmen Giménez
Os nenos encheron o entorno do palco da música. // Carmen Giménez 

O Correlingua, programa lúdico-festivo dedicado aos nenos para que defendan publicamente o emprego do galego, tivo onte en Moaña a súa terceira edición na comarca. Uns 1.800 alumnos de colexios da vila, así como de Bueu, Cangas e Marín, percorreron as rúas do centro ao son da música de gaitas con pancartas nas que convidaban aos cidadáns a expresarse no idioma propio. Os nenos remataron a mañá bailando coreografías ante o palco da música ao ritmo que marcaba o grupo Pesdelán. Sen dúbida será unha xornada difícil de esquecer para moitos deles, que fixeron novas amizades.

FRAN G. SAS - MOAÑA Quixo a casualidade que o Correlingua chegara a comarca a mesma semana na que se celebra o Día das Letras Galegas. Moaña acolleu a terceira edición deste evento no que os escolares de toda a comunidade saen a rúa na defensa da lingua propia de Galicia. En total uns 1.800 estudantes de Infantil, Primaria e incluso dos primeiros cursos de Secundaria representaron a unha veintena de centros de ensino de Bueu, Cangas, Marín e Moaña polas rúas máis céntricas da vila. Saíron ás 11.15 horas dende o entorno das pistas de atletismo da Xunqueira e percorreron o centro, obrigando a algún corte de tráfico e portando pancartas con lemas en defensa do uso cotiá do galego. A meta estaba no entorno do palco da música, onde os pequenos bailaron ao ritmo que impoñía o grupo Pesdelán.
Mentres facían o traxecto os alumnos de infantil agardaron no punto de encontro participando en varios obradoiros. Pintaron murais na parte alta da praza e ensaiaron os bailes.
Unha boa parte dos nenos, que foron saudados polos veciños que paseaban polo centro de Moaña, lucían nas súas camisolas palabras en galego. Destacaron os do CEIP O Hío, que foron acompañados dun grupo de gaiteiros que amenizou a andaina.
Antes do concerto musical deuse lectura a un manifesto para exaltar un idioma que se convirte "na chave coa que abrirnos ao mundo".
Dende o palco recordouse o drástico descenso de falantes do idioma propio que reflicten todas as estatísticas nos últimos anos e apelouse a que sexa no Morrazo onde se revirta a situación. Apelando a sentir "orgullo do noso idioma" e apostando por empregar a lingua de Rosalía en todas as ordes da vida con exemplos de anuncios ficticios, tanto os nenos coma os maiores que se achegaron a presenciar o evento nos arredores da praza de abastos aplaudiron o pregón. "A Galicia non a representa unha catedral, unha torre ou unha muralla, senón o idioma" concluiron.
Ata as 13.15 horas os pequenos non só bailaron, senón que aproveitaron para facer novos amigos nunha mañá na que puideron relacionarse con alumnos doutros colexios.
Festival das Letras
A Asociación de Mulleres de Moaña celebra mañá, a partires das 22.00 horas no IES As Barxas, o Festival das Letras Galegas. A mestra Elisa de la Peña presentará o acto. Actúan os grupos de pandereteiras do colectivo –Lumieira e Ardora– e o Coro Chorima. Haberá baile galego, teatro, música e tocará o gaitiero Iván Costas. A entrada custa tres euros.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya