Os mestres do instituto María Soliño Henrique Harguindey, Ramón Rocamonde, Pepe Martínez e Salvador Castro presentan esta tarde, a partir das 20.30 horas na librería Maraxe, de Cangas, a presentación do libro "Urbi et orbi. Dende o galego para o mundo". No seo do Equipo de Normalización Lingüística do centro preparan unha exposición sobre o mesmo tema, que fora presentada na Capela do Hospital e circulou por distintos centros educativos. O libro presenta textos de escritores galegos traducidos a 42 linguas, dende o albanés ao xaponés. Os autores traducidos ofrecen unha boa perspectiva histórica da evolución da literatura galega, pois van dende Martín Códax ata Sechu Sende, con predominio dos escritores contemporáneos.

Este libro pon de manifesto o interese en todo o mundo pola literatura galega e a publicación crecente dos autores da comunidade nas máis variadas linguas.

Francisco Castro

Pola súa banda, hoxe o escritor Francisco Castro acudirá ao IES As Barxas para compartir co alumnado do centro o seu labor de creación da obra "Chamádeme Simbad". A esta charla asistirá a directora do centro de día de Afamo, Martina Ferradás, pois a obra conta, dende o punto de vista dun neto, a historia dun avó que ten Alzheimer.