Macbeth sigue vivo no século XXI

Xerpo Teatro presenta o sábado no Auditorio de Cangas "Mac... Yes, we can"

 08:06  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O aspirante á Casa Branca e algúns dos seus prezados asesores.  // Xerpo Teatro
O aspirante á Casa Branca e algúns dos seus prezados asesores. // Xerpo Teatro 

REDACCIÓN - CANGAS O presidente dos Estados Unidos de América visitará este sábado Cangas. Non será Barack Obama, pero este presidente de ficción aprópiase do seu famoso eslogan de "Yes, we can" [ si, podemos]. En realidade trátase da última montaxe da compañía teatral Xerpo Cultural e é unha revisión do "Macbeth" de William Shakespeare. O título da obra é "Mac... Yes, we can" e poderase ver este sábado a partir das 21.00 horas no Auditorio municipal cangués.
O argumento de base é moi sinxelo: un político de base vai ver como de repente convértese en aspirante á presidencia dos Estados Unidos, a ocupar o famoso despacho oval da Casa Branca. Como é posible iso? En parte grazas á unha gran ambición e en parte á axuda e conspiración dos seus asesores. Nesa carreira para acadar o poder deberá adoptar algunhas decisións e cometer algúns actos que o han de atormentar. Todo un novo ambiente hipócrita, colorista, cheo de crimes, traizóns, asasinatos e cun único obxectivo: acadar o poder.
Deste xeito a compañía logra trasladar a un equivalente de Macbeth ata pleno século XXI. "Dende os reinados clásicos á política moderna, dende as espadas ás pistolas, dende a tolemia á esquizofrenia", aseguran. Con esta revisión o texto orixinal gaña en actualidade, cercanía ao público, dinamismo e tensión.
Esta adaptación do clásico de Shakespeare está dirixida por Irene Moreira e conta cun amplo elenco de actores para dar vida a este ambicioso político e ao seu nutrido grupo de asesores: Alex Sobrino, Keka Losada, Nani Matos, Xosé Eirín, Simón Iglesias, Luís Vivanco, Lucía Sánchez e Soraya Paradela.
A representación desta obra forma parte da programación cultural do Auditorio cangués para o último trimestre do ano e a entrada ten un custe de 5 euros.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
89%
No 11%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad