ÚLTIMA HORA
Arrestado el exministro Eduardo Zaplana por un presunto delito de blanqueo

Cangas lembra ao cantor da Revolución dos Cravos

O Auditorio acolle o vindeiro sábado 13 de marzo un concerto homenaxe a Jose "Zeca" Afonso

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Imaxe do cartel do concerto que se celebrará o 13 de marzo.
Imaxe do cartel do concerto que se celebrará o 13 de marzo. 

O Colectivo Zeca Afonso, que agrupa a músicos de Galicia e Portugal, organiza o sábado 13 de marzo un concerto tributo ao coñecido músico portugués. A actuación forma parte dos actos para conmemorar o 80 aniversario do seu nacemento, celebrado o ano pasado, e para rendir tributo ao autor de temas como "Grândola Vila Morena".

REDACCIÓN - CANGAS O Auditorio municipal de Cangas acollerá a vindeira semana un acto de homenaxe ó célebre músico portugués José Afonso, autor de temas como o mítico "Grândola Vila Morena". Será un acto no que participarán músicos galegos e portugueses co fin de conmemorar o 80 aniversario do nacemento do artista.
Este acto está organizado polo Colectivo Zeca Afonso, que se constituiu durante o pasado ano 2009. O seu obxectivo é "interpretar e dar a coñecer a obra deste fundamental cantor e compositor da música portuguesa". O concerto previsto en Cangas está fixado para o sábado 13 de marzo, ás 20.30 horas, e contará coa presenza do grupo Na Virada, composto por María Xosé López (voz, zanfona, cavaquinho e percusión), Xico de Carinho (harmónicas e percusión), Humberto Heredia (guitarra e voz) e Rodri Martínez (percusión galega, caixa, djembé); e músicos como José Pumar (voz, flauta, acordeón, gaita e percusión galega), Tino Baz (voz, guitarra, zanfona, gaita e percusión galega) e a portuguesa Ana Ribeiro (voz e guitarra).
O repertorio base está composto por unha quincena de temas, entre os que están "Grândola Vila Morena", "Os vampiros", "Alípio de Freitas", "Balada do sino" ou "A morte saíu à rua", aínda que segundo apuntan os organizadores é susceptible de ser cambiado ou ampliado.
O Colectivo Zeca Afonso participa activamente nas actividades organizadas pola asociación que leva o nome do músico portugués e ademais asinou o manifesto "80 anos de Zeca", que se pode consultar na Internet, na páxina http://80anosdezeca.blogspot.com.
O músico naceu no ano 1929 na localidade de Aveiro e pasou parte da súa vida en Mozambique, involucrándose nas actividades anticolonialistas. Isto e a súa aberta oposición ó rexime de Salazar causoulle numerosos problemas coa policía política do denominado "Estado Novo" (nome que o dictador lle deu o seu rexime). Un dos seus discos máis famosos é "Cantigas de maio", gravado no ano 1971, e que inclúe o mítico tema "Grândola Vila Morena", un dos símbolos da Revolución dos Cravos (1974). Zeca Afonso continuou mantendo unha intensa actividade política e musical ata que lle diagnosticaron unha enfermidade dexenerativa (unha esclerosis lateral amiotrófica) e finou no ano 1987.

COMPARTIR
 
 
LOS HILTON VIAJAN A O HÍO
+ VER GALERÍA
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Apruebas la gestión de Eusebio como entrenador del Celta?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009