EN DIRECTO

O María Soliño, na era virtual

O instituto cangués, centro TIC, avanza na docencia coas novas tecnoloxías

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O profesor Pedro Cuesta Morales impartiu onte unha conferencia para os mestres.
O profesor Pedro Cuesta Morales impartiu onte unha conferencia para os mestres.  Carmen Giménez

"A situación na que o alumnado estaba pasivo, recibindo o discurso oral do profesor/a co xiz no encerado, xa non é real. Agora hai que manexar recursos máis numerosos e atractivos que fomenten a participación do alumnado, empregando unha linguaxe de comunicación máis afín á súa realidade. Como as novas xeracións asimilan de forma natural os cambios producidos, terán que ser os docentes os que se esforcen en adaptarse e formarse no uso das TIC". Así xustifican os representantes do IES María Soliño a importancia das novas tecnoloxías para a práctica pedagóxica.

G.M.P. - CANGAS O 99% dos pais, nais ou titores dos alumnos do María Soliño xa reciben calquera información deles a través do teléfono móbil, e un tercio faino a través do correo electrónico. Así, as faltas de asistencia á clase, as calificacións escolares, a expulsión da aula ou calquera incidencia relevante pode ser consultada a través do ordenador, es esta será practicamente en tempo real cando se xeralice a través da páxina web, gracias a unha clave persoal de acceso. E é só un exemplo de por donde avanzan as novas tecnoloxías, neste caso aplicadas á ensinanza e á xestión dos centros educativos.
Pero o proxecto TIC (Tecnoloxías de Información e Comunicación) é máis amplo, e o IES María Soliño vai na proa, formando parte da rede de centros de Galicia pioneiros neste proceso, do que están á cabeza os profesores Ana Salorio, Gloria Suárez e Xosé Martínez, que se encargan da coordinación, a aula virtual e a actualización da páxina web. Na práctica, mestres e alumnos poden comunicarse máis alá da aula física, preguntarse mutuamente, continuar na casa os traballos que se inician no instituto, coordinarse para traballar en rede ou consultarse dúbidas sen necesidade de desprazamento físico nin perda de tempo. Un proxecto de innovación educativa que é ben recibido polo alumnado, máis familiarizado co mundo virtual e cunha sociedade cambiante e de avances vertixinosos.
A maiores, a participación no programa TIC dalle ao instituto outras vantaxes, como unha mellor dotación e xestión dos equipos informáticos, a incorporación de software gratuíto que lle permite prescindir de programas que con frecuencia son "pirateados", e a posibilidade de estar na vangarda da docencia e unha maior cercanía con calquera innovación tecnolóxica.
"As novas tecnoloxías non son unha materia illada, dotan aos seus usuarios dunha maior autonomía de competencia, dunha capacidade transversal básica que debe aplicarse en todos os ámbitos de coñecemento", inciden os responsables do programa TIC, que teñen claro que non facer uso das novas ferramentas é perder o ritmo dos tempos, e a súa utilidade práctica: "Estas tecnoloxías aumentan as posibilidades didácticas do profesorado, permiten un ensino máis personalizado e favorecen o traballo colaborativo".

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  Encuestas de actualidad
¿Cree que los partidos politícos deberían revisar el uso de las mociones de censura?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
93%
No 7%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009