EN DIRECTO

Juncal aposta por expandir a cultura na entrega dos Johán Carballeira

Lucía Novas, que non asistiu, gañou o premio en poesía e Óscar Iglesias en xornalismo

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
La hermana de Lucía Novas y Óscar Iglesias flanqueando a Félix Juncal en el acto de ayer.
La hermana de Lucía Novas y Óscar Iglesias flanqueando a Félix Juncal en el acto de ayer.  C. Giménez

CÉSAR COLLARTE - BUEU Unha aposta por expandir a cultura fóra dos límites de Bueu. Ése foi o desexo formulado onte polo alcalde do municipio, Félix Juncal, no transcurso da entrega dos Premios Johán Carballeira, que cumprían a súa decimoterceira edición en poesía e a súa séptima en xornalismo.
O rexedor subliñou a importancia que ten para un concello pequeno e con presuposto reducido como Bueu "manter este tipo de propostas, como tamén o Festival de Curtametraxes. Temos unha oferta cultural importante que hai que tentar mellorar cada ano". Neste senso, a cultura é considerada por Félix Juncal como un elemento básico "para que Bueu creza como concello". E engade que "non só conseguimos que se consuma a nivel interno, senón que a nosa cultura debe ter un carácter internacional".
A entrega de premios quedou un tanto deslucida pola ausencia dunha das gañadoras. A buenense Lucía Novas non estivo presente por problemas de saúde e foi a súa irmá Cecilia a encargada de recibir o cheque que a acredita como galardonada. Lucía Novas, lembrou Félix Juncal no seu discurso, pasa a historia do certame literario buenense por ser a primeira veciña de Bueu que alcanza o Premio Johán Carballeira.
Novas foi distinguida entre os 33 participantes na modalidade de poesía por un xurado que integraron Mallo Regueira, Elena de Carlos e Rosa Enríquez. Valorouse a capacidade para "crear unha obra orixinal a través de técnicas compositivas clásicas e a riqueza léxica na composición de poesía paisaxística", entre outros aspectos. A súa obra será publicada a mediados de ano.
Sí estivo presente no acto o vencedor na modalidade de Xornalismo, Óscar Iglesias, que foi máis que escueto no seu agradecemento. O seu artigo titulado "Para que serve ser galego?" foi considerado o mellor dos 12 presentados. No seu caso, o xurado composto polo xornalista de FARO Alberto Otero, Fernando Arrizado e Manuel Mosteiro, premiou a elección dun tema de interese que abre debate, pero "sen recorrer ós vellos tópicos sen que resulte un texto corrente en ningún momento". Os dous galardonados recibiron de mans de Félix Juncal os cheques valorados en 1.500 euros que os recoñecen como gañadores da presente edición. Houbo mesmo unha anécdota. Por un deses erros do directo o alcalde buenense entregou os cheques cambiaron e foros a irmá de Lucía Novas e Óscar Iglesias os que os tiveron que cambiar deseguido.
Os asistentes o acto recibiron como agasallo o libro de poemas "Faltas de ortografía" de Diego Cousillas Novo, gañador da pasada edición. Asimesmo, dende o concello apuntaron que o prazo de recepción de obras para o Johan Carballeira 2010 xa está aberto, polo que animaron á participación.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  Encuestas de actualidad
¿Está justificada la subida de la edad de la jubilación?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
16%
No 84%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009