EN DIRECTO

A plataforma comarcal Queremos Galego anima a acudir á manifestación do xoves

A mobilización será en Santiago, a partir das 11.30 horas e haberá un bus

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - O MORRAZO A plataforma comarcal Queremos Galego acudirá o xoves á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela para mostrar o seu rexeitamento ó borrador do decreto da Xunta de Galicia sobre o galego no ensino. O colectivo defende que o proxecto que se impulsa dende o goberno autonómico "é un engano" e chama á mobilización.
Durante as derradeiras datas a plataforma mantivo xuntanzas explicativas coas asociacións de nais e pais de alumnos e cos equipos de normalización lingüística dos centros de Cangas, Moaña, Bueu, Marín e Vilaboa. O obxectivo era analizar tanto o contido da proposta da Xunta como preparar os actos de protesta xa previstos. O xoves acudirán á manifestación, convocada para as 11.30 horas, e apuntan que as persoas interesadas en utilizar o autobús para desplazarse a Santiago poden informarse na sede do sindicato CIG en Cangas ou chamando ó número de teléfono 986 302987.
No tocante ó contido do texto, os responsables de Queremos Galego denuncian que "a única finalidade" do decreto "é rebaixar horas de ensino en galego e relegalo, se pode ser, á consideración de ´maría´". Entenden tamén que "non organiza mellor o ensino senón que o desorganiza, complica e agrava provocando un incremento do fracaso escolar". O novo ordenamento prevé que un terzo das asinaturas se imparta en galego, outro en castelán e o terzo restante en inglés. Pero dende a plataforma apuntan que a Xunta "sabe que non vai poder introducir" esa última parte en lingua estranxeira e por iso inclúe "mecanismos para que non se cumpra a lei". Tamén advirten que a súa aprobación pode causar un "enfrontamentoentre pais, profesores, alumnado por unha guerra lingüística que algúns inventaron unicamente por motivos políticos".
Entre os seus argumentos inclúense tamén advertencias de carácter legal. Lembran que o Tribunal Supremo "estableceu mediante repetidas sentenzas que é competencia da Xunta e non dos pais decidir a lingua vehicular do ensino".

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  Encuestas de actualidad
¿Cree que las autoridades gestionaron bien el temporal?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
29%
No 71%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009