Bueu, capital da billarda

O pavillón de Beluso acolleu onte a máis de 80 participantes de todo o sur de Galicia

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha participante no momento de golpear a cachisa
Unha participante no momento de golpear a cachisa Gonzalo Núñez

Billarda, estornela ou cachisa. Distintos nomes para referirse a un dos xogos máis tradicionais de Galicia e que agora parece que cobra novo pulo. Hai incluso unha federación e unha liga autonómica, na que participan centos de persoas dispostas a pasar un bo rato.

REDACCIÓN - BUEU Dende hai uns anos atrás o popular xogo da billarda está a vivir unha nova época dourada, con centos de afecionados e persoas dispostas a manter viva unha das tradicións máis arraigadas en Galicia. Hai tanta afección que incluso existe unha federación, que está intentando fixar unhas normas comúns e que impulsa a celebración dunha liga autonómica.
Precisamente onte celebrouse no pavillón de Beluso unha proba valedeira para esta competición. Era o I Aberto de Bueu e que contou coa participación de máis de 80 persoas procedentes da zona sur de Galicia. E é que a liga está dividida en tres grupos: norte, centro e sur. O gañador na categoría masculina foi José Otero, do Clube Pincharangos de Salceda de Caselas mentras que na categoría feminina o triunfo foi para María Santomé, do Asociación A Ghudalla de Moaña. Tamén houbo un premio para o mellor equipo, que foi o Pincharangos.
A pesar de que esta proba formaba parte do calendario da liga galega, a participación estaba aberta a todo aquel que quixera participar. Así, o máis novo tiña apenas 12 anos de idade e o máis veterano rondaba os 70. Pero a gran maioría eran mozos e mozas, o cal foi destacado moi positivamente pola organización. A pesar do carácter tradicional desta práctica deportiva, as cousas cambiaron un pouco nalgúns aspectos. "Antes era un xogo máis de forza, a ver quen lanzaba máis lonxe a cachisa. Pero agora prima moito máis a precisión", explica o concelleiro buenense de Deportes, Manuel Otero. El tamén se animou e participou no aberto, aínda que caeu eliminado na primeira fase. Inicialmente estaba previsto habilitar algunha pista no exterior do pavillón, pero finalmente o mal tempo limitou a participación só ó interior do recinto e no que se habilitaron dúas rúas.
A experiencia foi tan positiva que dende o Concellería de Deportes xa están falando coa federación para organizar algunha cita máis no verán, sempre con carácter aberto e participativo.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  Encuestas de actualidad
¿Cree que las autoridades gestionaron bien el temporal?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
29%
No 71%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009