EN DIRECTO

Música de Beethoven para celebrar o Nadal no Auditorio

Os concertos centraron a actividade cultural de onte nas tres vilas do Morrazo

 06:30  
Un momento do concerto de onte no Auditorio municipal de Cangas.  // Carmen Giménez
Un momento do concerto de onte no Auditorio municipal de Cangas. // Carmen Giménez 

REDACCIÓN / O MORRAZO Cangas non quere ser tanto como Viena e o seu tradicional concerto de aninovo, pero si que quere crear tradición celebrando un concerto navideño de música clásica. Onte no Auditorio estiveron a Orquestra Clásica de Vigo e o Coro do XXV Aniversario, que interpretaron completa a novena sinfonía de Beethoven. Foi nun concerto patrocinado por Caixanova e que rexistrou unha excelente entrada. Ademais, interviñeron como solistas a soprano Estefanía Perdomo, a contralto María José Trullu, o tenor Mikeldi Atxalandabaso e polo baixo Javier Franco Cortés.
Non foi o único concerto que se celebrou onte na comarca. No IES As Barxas tamén houbo lugar para a música cunha actuación da Banda Airiños do Morrazo, que organizou o seu primeiro festival de Nadal e coa intención de consolidar a iniciativa para os vindeiros anos. O repertorio incluiu pezas relacionadas con estas datas e outras vencelladas ó cine, compostas por autores como John Williams ou Ennio Morricone.
Non podía faltar nunha xornada como a de onte a música coral. Foi ademais por partida dobre, cun concerto organizado polo Clube de Xubilados Nosa Señora do Carme de Moaña no templo parroquial e cunha gala benéfica da xunta local de Bueu da Asociación Española contra el Cáncer, que se desenvolveu no Centro Social do Mar.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya