EN DIRECTO

Os traballadores de Bueu encestan mellor que os políticos

Onte disputaron un partido amigable de baloncesto no pavillón de Beluso

 11:39  
Na imaxe superior, un momento do partido de baloncesto de onte en Beluso. Ó lado, o habitual pincho navideño.  // G.N.
Na imaxe superior, un momento do partido de baloncesto de onte en Beluso. Ó lado, o habitual pincho navideño. // G.N. 

REDACCIÓN / BUEU Políticos e traballadores do Concello de Bueu onte deixaron atrás durante un anaco a rutina do traballo municipal para confraternizar e celebrar xuntos o inicio das festas de Nadal. Ó mediodía tivo lugar o tradicional pincho e pola tarde celebrouse un partido de baloncesto no recén remodelado pavillón deportivo de Beluso, onde os políticos recibiron un merecido repaso por parte dos seus "subordinados".
Pese a crise, o consistorio non renunciou a organizar un pequeno aperitivo no salón de plenos e ó que acudiron gran parte da plantilla municipal [tamén estaban invitados os medios de comunicación]. O alcalde buenense, Félix Juncal, dirixiuse ós traballadores para felicitarlles as festas, pero tamén para pedirlles un pequeno esforzo máis para o vindeiro ano 2010. Logo chegou o momento da papatoria e a maioría dos presentes coincidiu en sinalar que o pincho de onte resultou de máis proveito que o de 2008. Ninguén quixo desprezar a iniciativa do ano pasado, vencellada co comercio xusto, pero o certo é que o aperitivo deste Nadal foi máis farturento.
E despois de consumir tantas calorías, nada mellor que un pouco de exercicio. Había que dar exemplo porque xusto antes no salón de plenos clausurouse a segunda edición do programa Concellos Saudables. Así, pola tarde políticos e traballadores formaron dous equipos para medirse nun partido de baloncesto. No equipo político estaban Félix Juncal, Martín Villanueva, Andrés Lamosa e os concelleiros do PP Manuel Pires e Susana Canosa. A concelleira popular foi a única muller que participou no encontro e non se deixou arredar por tantos homes e puxolle moitas ganas, aínda que se lle notaba que andaba un pouco falta de forma. Tampouco podía faltar o concelleiro de Deportes, Manuel Otero, que demostrou que fai méritos para ostentar o seu cargo. No equipo dos traballadores estaban o adxunto de tesourería, membros da Policía Local, integrantes da Brigada de Obras, o monitor de deportes e incluso o notificador municipal. Eles mostraron algo máis de pericia á hora de encestar e ó final impuxéronse cun marcador final de 30-22. Por un día, mandaron eles.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya