EN DIRECTO

Fecimo trae a luz navideña... e a neve

O espectáculo de animación de rúa dos comerciantes fixo as delicias dos máis pequenos

 11:39  
Nenos de Cangas, cunha "Mamá Noel".  // Gonzalo Núñez
Nenos de Cangas, cunha "Mamá Noel". // Gonzalo Núñez 

REDACCIÓN / O MORRAZO A comarca do Morrazo finalmente tampouco puido fuxir da neve. Aínda que fose artificial. O espectáculo "A luz do Nadal" foi a gran aposta de animación de rúa para estas festas navideñas e como elemento más chamativo incluiu unha gran nevada artificial, algo que fixo as delicias dos máis pequenos. Iso é a presencia de Papá Noel, a quen lle puideron transmitir os seus desexos e peticións para esta Noiteboa.

Na xornada de onte celebráronse dúas funcións. A primeira tivo lugar a mediodía en Cangas e correspondíase a que non se puido realizar o luns a causa do mal tempo. E logo pola tarde chegou o turno de Moaña, que desfrutou deste espectáculo de luz, son e maxia na Alameda da Seara (á altura do lavadoiro de Fontecán).

Os nenos e nenas que se achegaron á Papá Noel recibiron a cambio das súas peticións chocolates, caramelos e demais galdrumadas. Despois foi cando comezou o gran show final, cun enorme boneco de neve e coas "Mama Noel" nun vistoso espectáculo de baile. E para completar a estampa navideña. comezaron a caer as folerpas de neve. Foi grazas á "maxia" empregada por Fecimo, que cuns grandes canóns conseguiu unha nevada artificial. Para que ningún dos cativos se resfriase e pasase unhas malas festas repartironse uns chuvasqueiros, que só podían ser de cor vermello, e que lle deron aínda máis cor.

"Éxito"

Dende Fecimo destacaron que a pesar da meteoroloxía a iniciativa resultou un "éxito" e aseguran que as caras de ilusión dos máis pequenos fan augurar "unhas festas cheas de ledicia".

A federación continúa agora coa súa campaña de Nadal no comercio, no que se reparten boletos para optar a un premio de 10.000 euros e outros 6 de 500 euros.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya