REDACCIÓN - O MORRAZO
O espectáculo de animación de rúa de Fecimo "A luz do Nadal" tivo que ser aprazado onte en Cangas a causa do mal tempo. Barallouse a posibilidade de instalar unha carpa, pero finalmente desboutouse esa opción e optouse por trasladar o evento a mañá mercores ás 12.00 horas.
Polo tanto, a estrea oficial de "A luz do Nadal" será hoxe na Praza do Concello de Bueu a partir das 17.00 horas. Mañá estará a mediodía en Cangas e pola tarde, ás 17.00 horas, na Alameda da Seara de Moaña.